peoplepill id: carlos-pajares-vales
CPV
Spain
9 views today
10 views this week
Carlos Pajares Vales
فيزيائي إسباني

Carlos Pajares Vales

The basics

Quick Facts

Intro
فيزيائي إسباني
A.K.A.
Carlos Pajares Vales
Places
Work field
Gender
Male
Place of birth
Madrid
Age
79 years
The details (from wikipedia)

Biography

Carlos Pajares Vales, nado en Madrid o 23 de xullo de 1945, é un físico español.

Traxectoria

Catedrático de Física Teórica, formado en inicio nos EEUU, e con estadías en Francia, Inglaterra ou Suíza, investigou no campo da física teórica e, comezando polos quark no campo das partículas elementais. Foi recoñecido de xeito internacional polo valor das súas achegas no campo das interaccións partícula-núcleo e materia a alta densidade, a partir da investigación da orixe do universo e o xeito de reproducir experimentalmente o dito fenómeno mediante aceleradores de partículas. Algúns resultados concretos foron o teorema self-shadowing, a absorción da partícula J en núcleos e as interaccións de campos de color correspondentes a diversas fontes formando a percolación de cordas.

Foi o primeiro decano da Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela, e tamén o responsable de formar o Departamento de Física de Partículas Elementais. Con posterioridade foi reitor da USC (1984-1990), na que introduciu diversos cambios, incluída a redacción dos estatutos. Propiciou a expansión da universidade e fomentou a normalización lingüística do galego.

Recibiu o Premio da Divulgación Científica da Xunta de Galicia (1994) e o Premio Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica (2008). Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade Técnica de Lisboa (2011) e Cabaleiro da Orde das Palmas Académicas polo Goberno francés, e recibiu a Medalla de Ouro da Real Sociedade Española de Física en 2000.

Foi vicepresidente da Real Sociedade Española de Física, asesor da Unión Europea sobre plans de estudo de Física e membro do comité científico Outreach do Centro Europeo de Partículas Elementais. Formou parte dos consellos asesores da Enciclopedia Galega, da Revista Galega do Ensino e da Revista Española de Física, así como da sección de Ciencia e Sociedade do Consello da Cultura de Galicia. Publicou máis de 130 artigos de investigación.

En 2008 foi nomeado delegado científico de España no Consello do CERN, onde ten relación co LHC e participa no consello de administración, formando parte do comité de política científica, do comité de finanzas e do comité de estratexia de física de partículas, ostentando outras representacións deste organismo.

Outras informacións

Carlos Pajares estivo identificado políticamente pola súa militancia no PSOE, asentándose na súa esquerda.


Predecesor:
José María Suárez Núñez
 USClogotipo.gif
Reitor da Univ. de Santiago
 
1984 - 1990
Sucesor:
Ramón Villares

Obras

  • La nueva física, 1975.
  • Introdución a las interacciones fuertes, 1977.
  • De lo más pequeño a lo más grande del universo, 1996.
  • Introducción a la Física, 2001.
  • Relativistic Nuclear Interactions (Moscú, 2007)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas



Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Carlos Pajares Vales is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Carlos Pajares Vales
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes