peoplepill id: carlos-caetano-biscainho
CCB
Spain
3 views today
4 views this week
Carlos Caetano Biscaínho

Carlos Caetano Biscaínho

The basics

Quick Facts

A.K.A.
Carlos Caetano Biscaínho Fernandes
Places
Gender
Male
Birth
Place of birth
A Coruña, A Coruña Province, Galicia, Spain
Age
57 years
The details (from wikipedia)

Biography

Carlos Caetano Biscainho Fernandes, nado na Coruña en 1968, é un actor e ensaísta galego.

Traxectoria

Doutor en Filoloxía Galego-Portuguesa, na actualidade exerce como profesor na Universidade da Coruña. Como ensaísta está especializado no sistema teatral galego. No ámbito actoral, seguiu estudos de Arte Dramática con Arkadi Nemirovski, Doina Fagadar, Liudmila Ukólova, Ángel Gutiérrez, Claude Buchvald e Jacques Nichet, e, para alén do seu traballo nos palcos, tense dedicado á formación de intérpretes, á crítica de espectáculos e á investigación do campo teatral galego, con especial atención ao papel da lingua como norma sistémica.

Obras

Ensaio

Monografías

  • Conformando o brinquedo. Reflexións á volta da preparación actoral, 2004, Deputación da Coruña.
  • A Escola Dramática Galega na configuración do sistema teatral, 2007, Laiovento.
  • Un país desde as táboas. 125 anos de teatro galego, 2008, Xunta de Galicia.

Capítulos de libros

  • "Auto do prisioneiro nas Mostras de Ribadávia: a recepçom cénica da obra dramática de Carvalho Calero no período refundacional do teatro galego", Ricardo Carvalho Calero: ciencia, literatura e nación., A Coruña, Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña , 2011, pp. 31–48.
  • "O movimento de consecução dum espaço público de participação cidadã como motor da refundação do sistema teatral galego na década de setenta", en Maria Muntaner, Mercè Picornell, Margalida Pons, Josep Antonio Reynés: Transformacions. Literatura i canvi sociocultural dels anys setanta ençà, Valencia, Universitat de València, 2010, pp. 157–168.
  • "O modelo de lingua como factor do progresivo distanciamento do público a respecto da produción teatral galega", en Gabriel Rei-Doval (ed.): A lingüística galega desde alén mar, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 2009, pp. 31–57.

Artigos en revistas

  • "A Escola Dramática Galega (1978-1994) e o sistema literario", Boletín Galego de Literatura, 39-40, Santiago de Compostela, Servizo de Publicación USC, 2008, pp. 9–35.

Obras colectivas

  • Talía na Crónica de Nós. Dez anos de teatro galego (1990-1999), 2000, Ourense: Abano Editores. Con Cilha Lourenço Módia.
  • Ricardo Carvalho Calero: ciencia, literatura e nación, 2001, Universidade da Coruña. Coeditor con Xosé Manuel Sánchez Rei.
  • O ideario teatral das Irmandades da Fala. Estudio e antoloxía, 2002, Deputación da Coruña. Con Cilha Lourenço Módia.
  • Cultura Clásica, 1995, A Coruña: Editorial Penta. Con Isabel Martínez Pellicer

Edicións literarias (introdución, edición e notas)

  • Leandro Carré. Teatro recuperado: O pago, O engano, Un caso compricado, 2011, A Coruña: Universidade da Coruña (Serie da Biblioteca-Arquivo Francisco Pillado Mayor).

Premios

  • Premio Carvalho Calero de investigación lingüística ou ensaio no 2016, por Fernando Osorio do Campo. Unha vida sen tregua.

Espectáculos teatrais

Deseño de loitas

  • Hamlet,de RTA 2006. Dirección: Lino Braxe.

Intérprete

  • O canto do dime-dime, de Factoría Teatro 2003. Dirección: Cristina Domínguez.
  • Rei Lear, de Teatro da Bufarda 2001. Dirección: Xoán Carlos Mejuto.
  • A esperar por Godot, de Galileo Teatro 1999. Dirección: Pedro Rubín.

Televisión

  • Padre Casares, de Voz audiovisual 2009. Personaxe episódica. Capítulo 2 (quinta tempada): "Adán e o mono".
  • Terra de Miranda, de Voz audiovisual e Zopilote 2003. Personaxe episódica. Capítulo 64: "Sentido do deber".
  • Pequeno hotel, de CTV 2001. Personaxe episódica.
  • Nada es para siempre, de Voz Audiovisual 2000. Personaxe episódica.

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Carlos Caetano Biscaínho is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Carlos Caetano Biscaínho
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes