peoplepill id: carlos-caba-landa
CCL
Spain
2 views today
2 views this week
Carlos Caba Landa

Carlos Caba Landa

The basics

Quick Facts

Places
Work field
Gender
Male
Place of birth
Zaragoza, Zaragoza Comarca, Zaragoza Province, Spain
Place of death
San Sebastián, Donostialdea, Gipuzkoa, Spain
Age
91 years
Family
The details (from wikipedia)

Biography

Carlos Caba Landa, nado en Zaragoza o 2 de decembro de 1900 e finado en Donostia o 23 de outubro de 1992, foi un policía e escritor estremeño.

Traxectoria

Pasou a súa infancia en Arroyo de la Luz (Cáceres) e estudou en Madrid. Como policía formou parte do servizo de seguridade nas embaixadas españolas de Francia, Suíza, Italia e algúns países balcánicos; despois estivo destinado en Pontevedra como inspector de policía(1944-1957), ascendendo a comisario en 1948; e xa ascendido a comisario de primeira en 1957, pasou a Donostia.

En 1933 publicou xunto co seu irmán o volume Andalucía: su comunismo libertario y su cante jondo, sobre o flamenco. Durante a súa estancia en Galicia colaborou en periódicos galegos como El Pueblo Gallego (onde mantivo a sección "Ángulo de la Peregrina"), Vida Gallega ou La Noche. Amais publicou tres novelas sobre o contrabando e a espionaxe en Galicia: ¡Wolfram, Wolfram! La diplomacia de la bocamina (1947), Caucho a la deriva (1950) e Crimen en la frontera (1957). Deixou varios orixinais inéditos.

Foi membro correspondente da Real Academia Galega.

Obra

  • Las ideologías del siglo. 1920; con Pedro Caba Landa.
  • Andalucía: su comunismo libertario y su cante jondo. Madrid, 1933; con Pedro Caba Landa.
  • Roger de Flor. 1946.
  • ¡Wolfram, Wolfram! La diplomacia de la bocamina. 1947.
  • Caucho a la deriva. 1950.
  • Crimen en la frontera. 1956 (Premio El Buscón).

Vida persoal

Foi pai de Carlos, María de la Concepción e María Victoria Caba Moral.

Notas

  1. Sergio Lorenzo (12 de outubro de 2008). "El resurgir de los hermanos Caba". Hoy (en castelán). .
  2. Antonio Vidal (5 de decembro de 2018). "La tierra de Deza en la novela" (en castelán). 
  3. La Noche, 24-7-1948, p. 2.
  4. El Pueblo Gallego, 18-10-1957, p. 8.
  5. Boletín Oficial del Estado, 13 de xaneiro de 1960 (en castelán).
  6. Couceiro Freijomil, A. (1951). "CABA LANDA, Carlos". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 184. 
  7. "Membros correspondentes". Real Academia Galega. 

Véxase tamén

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Carlos Caba Landa is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Carlos Caba Landa
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes