peoplepill id: benito-regueiro-varela
BRV
Spain
2 views today
2 views this week
Benito Regueiro Varela
Farmecéutico e investigador galego

Benito Regueiro Varela

The basics

Quick Facts

Intro
Farmecéutico e investigador galego
Places
Work field
Gender
Male
Birth
Place of birth
A Coruña, Spain
Age
84 years
The details (from wikipedia)

Biography

Benito Regueiro Varela, nado na Coruña o 23 de outubro de 1917, e finado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 2001, foi un farmacéutico, investigador especializado en Microbioloxía e catedrático de Universidade galego.

Traxectoria

Primeiros estudos

Despois de quedar orfo aos dez anos, pasou ao coidado da súa avoa e, sobre todo, do seu tío Gregorio Varela, farmacéutico que tiña botica aberta en Madrid e fora axudante da cátedra de Microbioloxía da Universidade Central (1924-1926). Alí cursou os estudos de ensino secundario. Tras finalizar o bacharelato, empezou a prepararse para presentarse ás oposicións de Aduanas, pero os seus estudos víronse interrompidos co inicio da Guerra Civil. A educación recibida nun ambiente aberto ás diferentes correntes políticas do momento, así como a súa estreita relación familiar e de amizade co seu curmán Gregorio Varela, fomentou en Benito un espírito liberal e inquedo que influiría, con seguridade, na súa traxectoria profesional. En canto á súa relación con Galicia, nunca a perdeu, pois todos os veráns viña coa familia a veranear á Coruña.

Na Guerra Civil

Iniciado este conflito bélico, e a pesar do talante liberal da familia, esta aconselloulle que fuxira xunto co seu curmán á zona franquista, acción que puido levar a cabo a través da Embaixada de Francia, sendo internado nun campo de concentración francés. De volta á Coruña, foi alistado como infante de mariña no "Castillo de Olite" e, logo de afundirse o navío en Escombreras, foi feito prisioneiro e internado nun campo de concentración do que, ao final, conseguiu fuxir.

Formación como farmacéutico e microbiólogo

Ao remate da guerra o primeiro que fixo foi concluír, en 1943, a carreira de Farmacia na Universidade Central de Madrid, e realizar, posteriormente, os estudos de doutoramento, ao finalizar os cales leu a tese "Fragmentación ensímica de la lignina". En ambas as titulacións acadou o premio extraordinario. Entrou no laboratorio de Agricultura e Microbioloxía da Facultade de Farmacia de Madrid, que dirixía Lorenzo Vilas López, onde foi axudante e profesor adxunto. Así mesmo realizou estudos de fermentación no laboratorio de Química Orgánica de Obdulio Fernández, da mesma facultade e, sobre lévedos, co agrónomo Marcilla. As boas relacións do seu mestre Lorenzo Vilas con Albareda (foi subdirector do Instituto de Edafoloxía e director do Jaime Ferrán, do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), ademais de director xeral de Ensino Medio), puxérono en contacto cos laboratorios do CSIC madrileño, onde foi bolseiro e colaborador. Seguindo a política de formación no estranxeiro dos futuros investigadores españois que promoveu Albareda, realizou unha estadía dun ano no Central Public Heath Center, de Londres (curso 1947-78), onde fixo estudos sobre inmunoloxía. Así mesmo, fixo outra estadía, esta de ano e medio, no Departamento de Bioquímica da Universidade de Wisconsin (1948-1950), cos profesores Johnson e Petterson, no que estudou a produción sintética da penicilina. Esta formación en microbioloxía farmacéutica industrial valeulle para entrar como asesor das empresas Antibióticos, S.A., de León e Penibérica, S.A., de Pamplona, coas que colaborou no desenvolvemento de plantas de fermentación para antibióticos.

Catedrático en Santiago

Aos 32 anos, en 1949, obtivo por oposición a cátedra de Microbioloxía da Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela, que desempeñou até o seu falecemento.

As súas investigacións no marco xeral da microbioloxía e no particular da microbioloxía mariña e acuicultura, inmunoloxía,microbioloxía clínica, biotecnoloxía, adherencia microbiana e enterotoxinas, incorporou novas técnicas de traballo á Universidade: estudo dos ácidos nucleicos, enzimoloxía e estudo das fermentacións na década de 1950, e en microbioloxía mariña e microbioloxía clínica na de 1970. Foi o investigador principal en 12 proxectos e dirixiu 40 teses de doutoramento en Farmacia, Medicina e Bioloxía e 70 memorias de licenciatura.

Relevancia do seu traballo científico

A relevancia do seu traballo científico residiu, sobre todo, no seu carácter de iniciador dos estudos microbiolóxicos en Galicia, cuns estándares de calidade comparábeis aos dos mellores laboratorios internacionais. Unicamente a falla dun axeitado equipamento experimental nos primeiros tempos (que pouco a pouco se foi solucionado) non deixou que este bo facer se traducira en mellores investigacións. Aínda así, soubo diversificar con bo criterio as diferentes liñas de traballo que estaban a demandar as aplicacións desta especialidade na sociedade galega, desde perspectivas como a farmacéutica, médica ou biolóxica. No relativo ao carácter pioneiro de moitos dos seus traballos son de sinalar os estudos sobre a penicilina moi poucos anos despois de terse solucionado os principais problemas da súa síntese industrial. Abonda con lembrar o carácter estratéxico que tiña este medicamento naqueles tempos da posguerra, para demostrar a transcendencia destes estudos e traballos.

Cargos desempeñados

O doutor Regueiro Varela desempeñoui os seguites cargos:

  • Xefe da Sección de Microbioloxía do CSIC (1949–1960).
  • Director do Departamento interfacultativo (Farmacia e Medicina) de Microbioloxía da USC (1967–1987).
  • Xefe do Servizo de Microbioloxía no Hospital Xeral de Santiago (1973–1987).
  • Vicedecano da Facultade de Farmacia da USC (1966–1972 e 1975–1978).
  • Decano da mesma Facultade (1978–1979).
  • Vicerreitor de Investigación da USC (1979–1984).
  • Membro do Consello Social da USC (1987–1988).
  • Asesor Científico de Antibióticos S.A. (1950–1958) e de Penibérica S.A. (1958–1962).
  • Vicepresidente da Comisión Científico–Técnica da Consellería de Pesca da Xunta de Galicia (1979–1983).

Sociedades científicas ás que pertenceu

O profesor regueiro foi socio fundador da Sociedade Española de Microbioloxía (1947) e presidente da súa Sección Noroeste (1973–1976), membro emérito da American Society of Microbiology (1947), socio fundador da Sociedade Española de Microbioloxía Clínica (1983), da Sociedade Española de Quimioterapia (1988), membro da The Planetary Society (1994) e da International Society for the Study of the Origin of Life (1994), entre outras.

Foi Académico Numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia (1972), da Real Academia Galega de Ciencias‎ (1979), Académico Correspondiente da Real Academia Española de Medicina (1972) e da Real Academia Nacional de Farmacia (1986), e da Academia de Farmacia de Galicia.

Premios e distincións

  • Catedrático Emérito da Universidade de Santiago.
  • Medalla de Ouro da Universidade de Santiago (1987).
  • Premio de Investigación da Xunta de Galicia (1994).

Algunhas pubicacións

Ademais de numerosos traballos de investigación en revistas españolas e, sobre todo, estranxeiras, ten publicado catro libros:

  • La ciencia y el origen de la vida. Santiago, 1966.
  • Las biotecnologías en las IAA: su repercusión en el hombre y en la sociedad. Santiago, 1992.
  • Los medicamentos transgénicos y su futuro. Santiago, 1998.
  • Manual de técnicas Microbiológicas. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 1980. ISBN 84-7191-251-1.

Notas

  1. Benito Regueiro Varela na AFG.
  2. Benito Regueiro Varela en Galegos. Galicia Digital.
  3. Benito Regueiro Varela. A consolidación da microbioloxía clínica e científica en Galicia en Francisco Díaz-Fierros: Álbum da Ciencia.
  4. Benito Regueiro Varela en Dialnet.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • USC. Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía (en galego), (en castelán), (en inglés).
Control de autoridades
Control de autoridades
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Benito Regueiro Varela is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Benito Regueiro Varela
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes