Baltasar Pardal Vidal
Quick Facts
Biography
Baltasar Pardal Vidal, nado en Santa Cristina de Fecha (Santiago de Compostela) o 17 de agosto de 1886 e finado o 3 de marzo de 1963 na Coruña, foi un sacerdote católico galego.
Traxectoria
Naceu nunha familia campesiña, o terceiro de catro irmáns. En 1900 ingresou no seminario, e o 17 de decembro de 1910 foi ordenado sacerdote. Comezou o seu ministerio sacerdotal como párroco coadxutor de Santa María de Betanzos en 1912, e en 1913 trasladouse á Coruña como coadxutor de san Nicolao.
Alí fundou en 1923 a Grande Obra de Atocha, aprobada como instituto secular en 1951 das Fillas da Natividade de María. Catro anos máis tarde, o seu instituto chegou ao Uruguai e a Venezuela. Foi tamén cóengo da colexiata de Santa María do Campo na Coruña.
Finou o 3 de marzo de 1963, e está enterrado na capela da Grande Obra de Atocha na Coruña.
Recoñecementos
Unha rúa na cidade da Coruña leva o seu nome, así como outras rúas en Pontedeume e Betanzos.
Veneración
O 14 de decembro de 1996 comezou a súa causa de canonización na arquidiocese compostelá; a fase diocesana do proceso foi pechada en 2001 e a Positio foi enviada á Congregación para as Causas dos Santos en 2005. O 10 de maio de 2012 o papa Bieito XVI promulgou o decreto de virtudes heroicas, e declarouno "Venerable".
Notas
- ↑ "Pontedeume estrena la calle Baltasar Pardal". La Voz de Galicia. 20 de marzo de 2013.
- ↑ "Betanzos le dedica una calle a Baltasar Pardal, fundador de la Grande Obra". La Opinión A Coruña. 10 de abril de 2016.
Véxase tamén
Bibliografía
- Couceiro Freijomil, Antonio (1954). Diccionario bio-bibliográfico de escritores III. Bibliófilos Gallegos. p. 22.
- Pérez López, Segundo Leonardo (2010). Baltasar Pardal Vidal, modelo de sacerdote diocesano. Santiago de Compostela: Instituto Teológico Compostelano. ISBN 978-84-937400-3-0.
- Seoane Faraldo, Teresa (1996). Una vida de fe y confianza. Baltasar Pardal Vidal. Deputación da Coruña. ISBN 84-89652-10-4.
Ligazóns externas
- "Causa de Canonización de Don Baltasar" (en castelán).
Control de autoridades |
|
---|---|
Control de autoridades |
|