Balbino Cerdeiras
Quick Facts
Biography
Balbino Cerdeiras Rey, nado en Viveiro en 1903 e finado en Lugo o 12 de maio de 1937, foi un dentista e político galego.
Traxectoria
Estivo emigrado en Cuba. Regresou a Viveiro e na Segunda República militou do Partido Galegista, foi nomeado alcalde de Viveiro coa Fronte Popular en abril de 1936. Tralo Alzamento Nacional foi detido xunto a algúns concelleiros o 27 de xullo, permaneceu en situación de arresto domiciliario durante varios días, até que ingresou no cárcere a principios de agosto. Foi xulgado, xunto con outros membros da corporación municipal, por rebelión militar, sendo fusilado en Lugo o 12 de maio de 1937.
Predecesor: José Santiago Seijo | Alcalde de Viveiro 1936 | Sucesor: - |
Homenaxes
O paseo fluvial que percorre o río Landro dende Verxeles até Portochao leva, dende o ano 2007, o seu nome, ademais recibiu diversas homenaxes, xunto con outros represaliados polo franquismo, a último realizada por Galiza Nova o 18 de decembro de 2010.