Arturo Salgado Biempica
Quick Facts
Biography
Arturo Salgado Biempica, nado en Lobeira o 6 de xullo de 1882 e finado en Segovia o 16 de abril de 1937, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Desde 1901 dedicouse a traballos mercantís e ao xornalismo fundando o semanario Ecos de Orense. Foi un dos impulsores do Círculo Católico de Obreros de Orense e fundador do Monte de Piedad y Caja de Ahorros de Orense. Foi presidente do Comité maurista de Ourense. Na ditadura de Primo de Rivera foi vicepresidente da Deputación de Ourense, gobernador civil de Murcia (1924-1927), xefe provincial da Unión Patriótica de Ourense e delegado rexio para a represión do contrabando. Representante das organizacións provinciais da Unión Patriótica de Ourense na Asemblea Nacional Consultiva en 1927. Amigo e colaborador de José Calvo Sotelo (do que chegou a ser secretario particular), foi nomeado por este subdirector de CAMPSA en 1928. Durante a Segunda República seguiu colaborando con Calvo Sotelo e foi secretario do Bloque Nacional.
Casou con Rosina Lamas, filla de Valentín Lamas Carvajal.