Arianna d'Ottone Rambach
Quick Facts
Biography
Arianna d'Ottone Rambach, nada en Roma en 1977, é unha numismática e historiadora italiana, experta en papiros, manuscritos e moedas árabes.
Traxectoria
Arianna d'Ottone naceu en 1977 en Roma e entre 1996 e 2000 estudou Linguas e Civilización Orientais na Universidade La Sapienza, da súa cidade natal. En 2005 acadou, na mesma universidade, o seu doutoramento na área de Civilización Islámica: Historia e Filoloxía, cunha tese titulada "Manuscritos árabes do Iemen: unha investigación codicolóxica cuantitativa".
En 2006 acadou o diploma de conservadora de manuscritos expedido pola Escola Especial para Arquiveiros e Bibliotecarios.
O seu interese pola moeda árabe comezou en 2003, a partir da reapertura dos Museos Capitolinos de Roma, onde se encargou da catalogación das moedas árabes da colección Ludovico Stanzani, entre 2006 e 2008. Posteriormente cultivou os seus coñecementos nesta materia en Tubinga, da man de Lutz Lisch, no grupo de Investigación para a Numismática Islámica de Tubinga.
En 2017 acadou a habilitación para a docencia na Universidade La Sapienza, de Roma, onde exerce como profesora asociada de Lingua e Literatura Árabes, no seo do Instituto de Estudos Italianos.
No ámbito editorial, d'Ottone forma parte do consello de redacción das revistas Arabian Humanities e Islamic Archaeological Studies, e é membro do comité científico da revista numismática OMNI, entre outras publicacións.
No ámbito asociativo, d'Ottone é membro, entre outras entidades, da Sociedade de Arqueólogos Medievais Italianos, da Sociedade Numismática Oriental e da Asociación Paleográfica Internacional, e membro correspondente da Academia Real de Ciencias de Ultramar (Bruxelas).
Recoñecementos
- (2018): Premio Samir Shamma, da Royal Numismatic Society, de Londres.
Publicacións
D'Ottone publicou un bo número de artigos en diversas revistas especializadas. Esta é unha escolma dos seus traballos monográficos máis salientables:
- (2006). I manoscritti arabi dello Yemen: una ricerca codicologica. Sapienza Orientale, Roma. ISBN 9788889362877
- (2010). The 2nd Simone Assemani Symposium on Islamic coins (con B. Callegher). Edizione Università di Trieste (EUT), Trieste. ISBN 9788883032844
- (2012). 3rd Simone Assemani Symposium on islamic coins (con B. Callegher). Edizione Università di Trieste (EUT), Trieste. ISBN 9788883034596
- (2013). La storia di Bayāḍ e Riyāḍ (Vat. ar. 368). Una nuova edizione e traduzione. Biblioteca Apostolica Vaticana, Vaticano.
- (2015). 4rd Simone Assemani Symposium on islamic coins (con B. Callegher). Edizione Università di Trieste (EUT), Trieste. ISBN 9788883036835
- (2015). La collezione di Vittorio Emanuele III. Monete arabe. Istituto poligrafico e Zecca dello Stato, Roma.
- (2017). Leggere e scrivere nell'Islam medievale (con K. Hirschler). Carocci, Roma. ISBN 9788843086269
- (2018). 5th Simone Assemani Symposium on Islamic coins. (con B. Callegher). Edizione Università di Trieste (EUT), Trieste. ISBN 9788883039669
- (2018). Palaeography between East & West. Proceedings of the seminars on Arabic palaeography at Sapienza University of Rome. Fabrizio Serra, Roma. ISBN 9788833151328
- (2020). The Damascus Fragments. Towards a History of the Qubbat al-khazna Corpus of Manuscripts and Documents (con K. Hirschler e R. Vollandt). Nomos, Baden-Baden. ISBN 9783956507564
- (2020). Dal Medio all'Estremo Oriente 2 (con R. Torella e M. Casari). Carocci, Roma. ISBN 9788829000081
Notas
- ↑ "D'Ottone Rambach, Arianna". En Coins Weekly. 23 de marzo de 2016.
- ↑ "Arianna d'Ottone Arquivado 07 de xullo de 2022 en Wayback Machine.". Sapienza. Università di Roma. Facoltà di Lettere e Filosofia.
- ↑ "Arianna D'Ottone Rambach". Academia.edu
- ↑ "The Samir Shamma Prize for Islamic Numismatics". The Royal Numismatic Society.
- ↑ "D'Ottone, Arianna". WorldCat Identities.
- ↑ "D'Ottone, Arianna 1977- Arquivado 07 de xullo de 2022 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.