Antonio Quintela Ferreiro
Quick Facts
Biography
Antonio Quintela Ferreiro, nado en Lugo o 22 de maio de 1912, foi un mestre, escritor e xornalista galego.
Traxectoria
Estudou maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, rematando en 1928. Mestre na escola creada pola Liga Santaballesa en Santaballa (1932-1936) na que editaba o periódico infantil Antorcha (1934-1936), e na que tamén impartía leccións de Dereito e Económica. Colaborou en El Progreso, Vida Gallega e Faro Villalbés do que foi director entre febreiro e xuño de 1936. Foi autor de varias pezas teatrais para representación escolar e escribiu un libro de poemas e a novela Lucha, que apareceu en 1936. Directivo de Izquierda Republicana, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 30 de agosto, saíndo en liberdade o 5 de setembro. Trasladado á escola de Bagueixos (Tirimol, Lugo), foi expedientado e sancionado por responsabilidades políticas. Combateu na guerra. Trasladouse a Barcelona destinado ao Grupo Escolar Reyes Católicos. En Barcelona estudou Filosofía e Letras. Despois da guerra publicou varias novelas.
Obras
- Ensayos poéticos, 1930.
- Lucha, 1936.
- Espíritu y carne, 1939.
- El enigma de un muerto, 1944.
- La diosa del bosque, 1944.
- Exámenes de Amor, 1950.
- Matrimonio urgente, 1955.
- Cumbres amorosas, 1958.