Antonio Castro Lema
Quick Facts
Biography
Antonio Castro Lema, nado en Laxe en 1933 e finado na Coruña o 10 de febreiro de 2021, foi un político galego conservador e alcalde de Laxe durante dúas décadas.
Traxectoria
Industrial. Iniciou a súa carreira política en 1966 cando intentou ser elixido concelleiro en Laxe polo terzo familiar, o cal abaría conseguindo en 1974. Nas eleccións municipais de 1979 foi elixido alcalde de Laxe con maioría absoluta pola Agrupación Independente de Laxe. Nas municipais de 1983 revalidou a maioría absoluta como candidato da coalición de AP. En 1987 foi reelixido con maioría absoluta encabezando a CPG, sendo un dos alcaldes desta coalición que estaban en desacordo co apoio de 3 dos seus deputados á moción de censura na Deputación da Coruña contra José Manuel Romay Beccaría en xuño de 1989.
Presentouse ás municipais de 1991 polo PPdeG, e foi reelixido alcalde con maioría absoluta, ó igual que nas municipais de 1995. Nas municipais de 1999 perdeu a alcaldía fronte ó PSdeG-PSOE, tras un reconto no que nun principio socialistas e populares empataran a votos, o cal houbese levado a un sorteo, porén, a aparición de dous sobres de emigrantes nunha papeleira e diversas irregularidades máis en torno á votación da emigración supuxo que ó PP se lle anulasen 5 votos, dándolle a vitoria e a maioría absoluta ó PSdeG. Volveu a selo candidato do PPdeG nas municipais de 2003, pero volveu ser derrotado de novo polos socialistas, que ampliaron aínda máis a súa vantaxe, polo que sigueu como portavoz na oposición e retirouse da primeira liña política á fin de dito mandato.
Vida persoal
Casou e tivo 3 fillas. Finou o 10 de febreiro de 2021 no CHUAC da Coruña, onde estaba ingresado.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
- Eleccións municipais en Laxe