peoplepill id: anton-fortes-torres
AFT
Spain
3 views today
3 views this week
Antón Fortes Torres
Spanish politician

Antón Fortes Torres

The basics

Quick Facts

Intro
Spanish politician
Places
Gender
Male
Birth
Place of birth
Sarria, Spain
Age
68 years
Education
University of Santiago de Compostela
The details (from wikipedia)

Biography

Antón Fortes Torres, nado en Sarria en 1957, é un escritor, profesor e político galego.

Traxectoria

Estudou Filoloxía Románica, Galego-Portuguesa e Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, e é Catedrático de Lingua Galega e Literatura xubilado. Realizou igualmente estudos de lingua e literatura na Universidade Paul Valéry de Montpellier e nas Facultades de Letras de Coimbra e Lisboa. Pertenceu ao Colectivo Círculos Líticos, integrado, entre outros, por Isidro Novo e Lois Diéguez. Colabora habitualmente na revista Xistral. Foi concelleiro en Sarria polo BNG entre 1995 e 1999, e quinto nas listas desa formación en 2003. Nas eleccións municipais de 2011 volveu á corporación municipal nas listas de Independientes de Galicia, e en setembro de 2013 anunciou a súa intención de incorporarse a Compromiso por Galicia. En novembro de 2014 foi nomeado candidato de CxG nas eleccións municipais de 2015 , sendo elixido concelleiro. No 2019 deixou a política partidista.

Obras

Poesía

  • Figuras masculinas de meio-corpo, 1997, Espiral Maior, Premio Legais no 2001.
  • Sexto Fetiche, 2001, edición de autor.
  • Gris cinza, 2005, eDixital.
  • Ansia (Balbúceos), 2010, eDixital.
  • Ofelia sen dó, 2019, Belén Bouzas Gorgal e Armando Requeixo (eds.).

Prosa

  • Caderno de animalista, 2008, Oqo Editora.
  • Fume, 2008, Oqo Editora.
  • Á sombra dos anacardios, 2010, Oqo Editora.

Traducións

  • A cabra boba, de Pep Bruno, 2006, Oqo Editora.
  • Gran libro dos retratos de animais, de Svjetlan Junakovic, 2006, Oqo Editora.
  • A boneca e a castañeira, de Roberto Aliaga, 2008, Oqo Editora.
  • A figueira de Pelostortos, de Ana García Castellano, a partir do conto tradicional, 2009, Oqo Editora.
  • Os mil brancos dos esquimós, de Isabel Minhós Martins, 2009, Oqo Editora.
  • A sopa queima, de Pablo Albo, 2009, Oqo Editora.

Obras colectivas

  • O segredo da lanterna verde, 2009, Xunta de Galicia. Con Mar Guerra, Elvira Riveiro e Xelís de Toro.
  • A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
  • Dez anos de poesía nas Pontes, 2013, Galebook.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).

Premios

  • Premio Legais no 2001 por Figuras masculinas de meio-corpo.
  • II Premio Libro Infantil e Xuvenil Mellor Editado 2008 (Ministerio de Cultura) por Caderno de animalista.
  • Premio The White Raven 2009 por Fume.
  • V Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro no 2017 por Ofelia sen dó.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Antón Fortes Torres is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Antón Fortes Torres
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes