Antón Fortes Torres
Quick Facts
Biography
Antón Fortes Torres, nado en Sarria en 1957, é un escritor, profesor e político galego.
Traxectoria
Estudou Filoloxía Románica, Galego-Portuguesa e Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, e é Catedrático de Lingua Galega e Literatura xubilado. Realizou igualmente estudos de lingua e literatura na Universidade Paul Valéry de Montpellier e nas Facultades de Letras de Coimbra e Lisboa. Pertenceu ao Colectivo Círculos Líticos, integrado, entre outros, por Isidro Novo e Lois Diéguez. Colabora habitualmente na revista Xistral. Foi concelleiro en Sarria polo BNG entre 1995 e 1999, e quinto nas listas desa formación en 2003. Nas eleccións municipais de 2011 volveu á corporación municipal nas listas de Independientes de Galicia, e en setembro de 2013 anunciou a súa intención de incorporarse a Compromiso por Galicia. En novembro de 2014 foi nomeado candidato de CxG nas eleccións municipais de 2015 , sendo elixido concelleiro. No 2019 deixou a política partidista.
Obras
Poesía
- Figuras masculinas de meio-corpo, 1997, Espiral Maior, Premio Legais no 2001.
- Sexto Fetiche, 2001, edición de autor.
- Gris cinza, 2005, eDixital.
- Ansia (Balbúceos), 2010, eDixital.
- Ofelia sen dó, 2019, Belén Bouzas Gorgal e Armando Requeixo (eds.).
Prosa
- Caderno de animalista, 2008, Oqo Editora.
- Fume, 2008, Oqo Editora.
- Á sombra dos anacardios, 2010, Oqo Editora.
Traducións
- A cabra boba, de Pep Bruno, 2006, Oqo Editora.
- Gran libro dos retratos de animais, de Svjetlan Junakovic, 2006, Oqo Editora.
- A boneca e a castañeira, de Roberto Aliaga, 2008, Oqo Editora.
- A figueira de Pelostortos, de Ana García Castellano, a partir do conto tradicional, 2009, Oqo Editora.
- Os mil brancos dos esquimós, de Isabel Minhós Martins, 2009, Oqo Editora.
- A sopa queima, de Pablo Albo, 2009, Oqo Editora.
Obras colectivas
- O segredo da lanterna verde, 2009, Xunta de Galicia. Con Mar Guerra, Elvira Riveiro e Xelís de Toro.
- A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
- Dez anos de poesía nas Pontes, 2013, Galebook.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
Premios
- Premio Legais no 2001 por Figuras masculinas de meio-corpo.
- II Premio Libro Infantil e Xuvenil Mellor Editado 2008 (Ministerio de Cultura) por Caderno de animalista.
- Premio The White Raven 2009 por Fume.
- V Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro no 2017 por Ofelia sen dó.
Notas
- ↑ "El BNG está satisfecho de que Fortes se posicione al margen del partido" El Progreso, 14 de abril de 2011
- ↑ ""O BNG sarriao incorpora a varios independentes" La Voz de Galicia, 7 de abril de 2003". Arquivado dende o orixinal o 22/04/2015. Consultado o 10/04/2015.
- ↑ "Independientes de Galicia da el golpe en Sarria, La Voz de Galicia, 12 de abril de 2011
- ↑ "El portavoz de IG invita a Fortes a abandonar el grupo" El Progreso, 23 de setembro de 2013
- ↑ "Antón Fortes, único candidato nas primarias abertas de Compromiso por Galicia en Sarria", Compromiso por Galicia
- ↑ "Taccuino di un animalista". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-03.
- ↑ "Humo". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-03.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Antón Fortes Torres na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- Antom Fortes Torres na páxina web da Biblioteca Virtual Galega (BVG).