Angelita Paradela
Quick Facts
Biography
Ángela Elisa Paradela Núñez, coñecida como Angelita Paradela, nada en Ourense en marzo de 1901 e finada na mesma cidade en 1991, foi unha mestra e pedagoga galega.
Traxectoria
Filla de José Paradela Domínguez e Juana Núñez Cid, e irmá de Francisco Paradela Núñez. Foi mestra da Escola superior de nenas de Ourense en 1914, e foi nomeada mestra de Cortegada en 1915. Comezou a dar clases de matemáticas na escola de Juan Xesta con 17 anos. En 1926 foi destinada á escola de Reádegos (Vilamarín). Pioneira en ideas durante a Segunda República, montou unha academia na rúa Capitán Eloy. Nos anos sesenta deixou a academia e creou un novo centro educativo para adaptarse á EXB na antiga Casa Cuevas da rúa Progreso.
Recoñecementos
Dende 2007 unha praza do barrio de Barrocás de Ourense leva o seu nome.
Notas
- ↑ La Región, 7-2-1914, p. 2.
- ↑ Diario de Galicia, 30-9-1915, p. 1.
- ↑ Una vida dedicada a la docencia