Ángel Padín
Quick Facts
Biography
Ángel José María Padín Panizo, nado na Coruña o 11 de novembro de 1930 e finado na mesma cidade o 1 de abril de 2014, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
Nos anos 50, Padín estudou xornalismo en Madrid, antes de que se crease a licenciatura correspondente. Posteriormente licenciouse e doutorouse en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Como xornalista traballou sobre todo en La Voz de Galicia, en diferentes etapas da súa vida, en El Correo Gallego, ABC e en El Ideal Gallego, que dirixiu entre 1985 e 1988. Tamén foi xefe de prensa da Universidade da Coruña, durante o tempo en que José Luis Meilán Gil foi o reitor, así como presidente da Asociación da Prensa da Coruña, unha agrupación de xornalistas de ámbito local.
A súa especialización foi a arte. Académico da Academia Galega de Belas Artes, enfocou a súa erudición especialmente á época en que Pablo Ruiz Picasso viviu na Coruña.
Obra
- Los cinco anos coruñeses de Pablo Ruiz Picasso: 1891-1895.
- La reedificación del templo de San Andrés y el Gremio de Mareantes de La Coruña.
- Crunia, porto de peregrinaciones.
- La historia de La Coruña en las tallas del salón capitular del Palacio Municipal.
- La Coruña a través de sus barrios y sus calles.
- De lucios cascos, calvatruenos y perforantes de la M.N. y M.L. ciudad de La Coruña.
- Historia de los 75 años del Real Club Náutico de La Coruña.
- Pazo de Lóngora, biografía de Marcial del Adalid e de Fanny Garrido.
Galardóns
- Medalla de bronce de Galicia.
Vida persoal
Estivo casado coa xornalista e directora de El Ideal Gallego, Olga Viaño.