peoplepill id: andrea-saccocci
AS
Italy
3 views today
3 views this week
Andrea Saccocci
Italian numismatist

Andrea Saccocci

The basics

Quick Facts

Intro
Italian numismatist
Places
Gender
Male
Birth
Place of birth
Monte San Savino, Province of Arezzo, Tuscany, Italy
Age
72 years
The details (from wikipedia)

Biography

Andrea Saccocci, nado en Monte San Savino, Arezzo, en 1953, é un numismático italiano.

Traxectoria

Entre 1982 e 1992, Andrea Saccocci ocupou o posto de conservador do Museo Cívico Bottacin, de Padua.

A partir de 1992 comezou a exercer a docencia de Numismática na Università degli Studi di Udine, en Padua, desde 2002 como profesor titular.

Entre outras entidades asociativas, Saccocci é membro da Sociedade Numismática Italiana e desde 2001 forma parte do seu consello directivo. Nesta entidade, desde 2006 codirixe a súa publicación periódica, Rivista Italiana di Numismatica. En abril de 1997 foi elixido membro correspondente da American Numismatic Society, de Nova York, institución na que participou como conferenciante.

O seu centro de interese como investigador é a moeda italiana medieval e moderna, sinaladamente á cuñada nas cecas do norte de Italia entre os séculos VIII e XVI. Desde 1999 veu colaborando no proxecto Medieval European Coinage, da Universidade de Cambridge, e froito desta colaboración é a súa redacción do volume XII da serie, correspondente ás emisións do norte de Italia.

Recoñecementos

  • (2007): Jeton de Vermeil, da Sociedade Francesa de Numismática.

Publicacións

Esta é unha escolma da produción bibliográfica de Andrea Saccocci ao longo da súa carreira:

Monografías

  • (2005). Contributi di storia monetaria delle regioni adriatiche settentrionali (secoli X-XV). Taschenbuch. ISBN 9788886413831
  • (2016). Medieval European Coinage. Vol. 12: Italy. I: Northen Italy (con W. R. Day e M. Matzke). Cambridge University Press. ISBN 978-0521260213

Escolma de artigos

Notas

  1. "CV Andrea Saccocci". Università degli Studi di Udine.
  2. "Il ripostiglio monetale di Serravalle (secoli XIV-XV)". En Archivo Storico Cenedese. Decembro de 2017.
  3. "Sette giorni di tweet con Andrea Saccocci". Corriere della Sera.
  4. "Comitato Scientifico". No espazo da Revista na web da SNI.
  5. Véxase (2016) en "Publicacións".
  6. "Saccocci, Andrea". WorldCat Identities.
  7. "Saccocci, Andrea 1953- Arquivado 04 de decembro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  8. "Saccocci, Andrea (1953-)". Persee.fr
  9. "Andrea Saccocci". Academia.edu
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Andrea Saccocci is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Andrea Saccocci
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes