peoplepill id: ana-ulla
AU
Spain
10 views today
10 views this week
Ana Ulla
Spanish astrophysicist and professor

Ana Ulla

The basics

Quick Facts

Intro
Spanish astrophysicist and professor
Places
Work field
Gender
Female
Birth
Place of birth
Vigo, Pontevedra Province, Galicia, Spain
Age
60 years
Employers
Vigo University
Vigo, Pontevedra Province, Spain
Ana Ulla
The details (from wikipedia)

Biography

Ana María Ulla Miguel, nada en Vigo en 1965, é unha astrofísica galega, escritora e profesora na Universidade de Vigo.

Traxectoria

Ana Ulla comezou a carreira de Física na Universidade de Santiago de Compostela, onde cursou os tres primeiros cursos,e logo especializouse en Astrofísica na Universidade de La Laguna, onde tamén realizou a súa formación doutoral. Entre 1988 e 1995, ocupou diversos postos de investigación e docencia na Universidade de Tromsø (Noruega), o Laboratorio de Astrofísica Espacial e Física Fundamental ( Madrid), a Axencia Espacial Europea (ESA), ou o Instituto Niels Bohr de Copenhague. Posteriormente, foi contratada posdoutoral no Instituto de Astrofísica das Canarias (IAC), traballando para o proxecto "Infared Space Observatory" da ESA.

Desde 1997 é profesora do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo, sendo a investigadora principal do Grupo AS1 de Astronomía e Astrofísica da UVIGO dende a súa creación no ano 2005 ata outubro de 2017. Forma parte do equipo galego da misión Gaia, da Axencia Espacial Europea (ESA), na que participan máis de 450 científicos e enxeñeiros doutros 23 países co obxectivo de elaborar un mapa preciso en 3D da Vía Láctea. Ademais, é integrante do padroado da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura que xestiona o Observatorio Astronómico de Forcarei.

En decembro de 2015 publicou a súa primeira novela infantil titulada “Desde el jardín, las estrellas”.

Recoñecementos

En febreiro de 2014 recibiu, ex aequo con Minia Manteiga, o premio “Galega destacada 2013” concedido pola Asociación Diálogos 90. Tamén foi galardoada co recoñecemento "Muller Científica 2020" que outorga o IES Val Miñor.

Notas

  1. "Ana Ulla Miguel - Introducción a la Astronomía Visual y Fotográfica". sites.google.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2020. Consultado o 2020-08-27. 
  2. administrador. "Ana Ulla Miguel". Executivas. Consultado o 2020-08-27. 
  3. Redacción (2016-09-14). "A misión Gaia obtén a primeira imaxe completa da Vía Láctea". GCiencia. Consultado o 2020-08-03. 
  4. "Ana Ulla Miguel". www.escritores.org. Consultado o 2020-08-27. 
  5. "Las astrofísicas del satélite Gaia se convierten en "Galegas Destacadas"". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-08-27. 
  6. "«Se non vemos as estrelas, non sabemos a onde pertencemos»". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-03-14. Consultado o 2020-08-27. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Ana Ulla is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Ana Ulla
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes