peoplepill id: amancio-linares-giraut
ALG
Spain
4 views today
5 views this week
Amancio Liñares Giraut
Historiador galego

Amancio Liñares Giraut

The basics

Quick Facts

Intro
Historiador galego
A.K.A.
Xosé Amancio Liñares Giraut
Places
Gender
Male
Place of birth
Negreira
Age
64 years
The details (from wikipedia)

Biography

Xosé Amancio Liñares Giraut, nado en Negreira o 9 de xaneiro de 1961, é un historiador galego.

Traxectoria

Licenciado en Xeografía e Historia (especialidade de Historia Contemporánea) pola Universidade de Santiago de Compostela en 1984. Exerce a docencia como catedrático de Xeografía e Historia no Ensino Secundario, actualmente en Negreira, tendo sido tamén profesor colaborador na Escola Universitaria de Traballo Social na Universidade de Santiago. Foi concelleiro en Negreira polo PSdeG-PSOE, tralas eleccións municipais de 1991. Foi fundador da Asociación Afonso Eanes, tendo ocupado os cargos de presidente (1979-1984), vicepresidente (1984-1987) e vogal (1992-1998); secretario da Fundación Castelao (1990-1999) e membro da súa xunta reitora desde o 2000; membro do Consello de Redacción de Encrucillada (1984-2002), da Revista Galega de Ciencias Sociais (2003) e da revista Roteiros (2006); así como membro da Asociación de Historia Contemporánea e da Asociación Galega de Ciencias Sociais. É director editorial de 3C3 Editores desde a súa fundación no 2001.

Obra en galego

Ensaio

  • O Val de Barcala (1900-1936). Agrarismo, vida política, emigración e cultura, 1988.
  • Negreira na guerra do 36, 1994, Edicións do Castro.
  • Xulián Magariños Negreira, 2004, Xunta de Galicia.
  • Ramón Martínez López, 2007, 3C3 Editores.
  • Son para a "Unión Barcalesa de La Habana" (1907-2007), 2007, 3C3 Editores.
  • O fiadeiro, 2012, 3C3 Editores.

Narrativa

  • ¡Ouh, Galicia maná!, 1992, Biblioteca 114, El Correo Gallego.

Conversas

  • Conversas con Avelino Pousa Antelo. Memorias dun galego inconformista, 1991, Edicións do Castro.

Obras colectivas

  • Nun cuarto para agardar e outras historias, 1985, Edicións do Castro.
  • Xulián Magariños Negreira, un home da época Nós (1904-1934), 1988, Edicións do Castro (con Blanca-Ana Roig Rechou).
  • Ramón Martínez López. Pola universalidade de Galicia, 1992, Sementeira. Con Elixio Villaverde.
  • Arredor do centenario de Rosalía, 1985, 1995, Padroádego Rosalía de Castro. Editor.
  • Feiraco, 25 anos (1969-1994). Un modelo de agroindustria cooperativa, 1995, Feiraco. Editor.
  • Feiraco e o Val de Barcala. Un camiño de progreso, 1995. Editor.
  • O centenario de Castelao na lembranza, 1986, 1997, Fundación Castelao. Editor.
  • Vinte anos trobando coa cultura. "Afonso Eanes" (1976-1996), 1997, S. C. "Afonso Eanes". Editor.
  • Maruxa na Casa-Museo de Rosalía, 1999, Fundación Rosalía de Castro. Con Gonzalo Rey Lama.
  • Dicionario Eladio Rodríguez, 2001, 3C3 Editores. Con Antonio Puentes Chao.
  • Eladio Rodríguez González, 2001, Xunta de Galicia. Con Antonio Puentes Chao.
  • Dicionario Frei Martín Sarmiento, 2002, 3C3 Editores. Con Antonio Puentes Chao.
  • Xente e terra de Xallas. Letras da mocidade, 2002, Concello de Santa Comba. Coordinada con Antonio Puentes Chao.
  • Xosé Luís Pensado. Philologus et magister. In memoriam, 2002, Deputación da Coruña/Concello de Negreira. Editor.
  • Dicionario Antón Avilés de Taramancos, 2003, 3C3 Editores. Con Antonio Puentes Chao.
  • Prensa e comarca. Medios de comunicación en Negreira, A Baña e Brión no século XX, con Omayra Lista, 2007, 3C3 Editores. (2007), en co-autoría con Omayra Lista. Premio de Ensaio "Manuel Murguía" (VI Edición, 2006), da Deputación da Coruña. 3C3 Editores, Santa Comba-A Coruña.

Obra en castelán

Obras colectivas

  • Ciudadanos españoles en el mundo. Situación actual y recorrido histórico, 2008, Grupo España Exterior.
  • La emigración española a Europa en el siglo XX, 2009, Grupo España Exterior.
  • El protagonismo de la mujer en las corrientes migratorias españolas, 2009, Grupo España Exterior.
  • Hijos y nietos de la emigración española. Las generaciones del retorno, 2009, Grupo España Exterior.
  • La memoria de la emigración. Fuentes históricas, centros y archivos para el estudio de los flujos migratorios españoles, 2011, Grupo España Exterior.

Premios e mencións

  • Premio Modesto R. Figueiredo no 1984, por Nun cuarto para agardar.
  • Premio Vila de Negreira de Xornalismo no 1989.
  • Premio Vila de Negreira de Historia no 1991.
  • Medalla de Ouro do Concello de Negreira no 2002.
  • Premio de Ensaio Manuel Murguía no 2006, xunto a Omayra Lista, por Prensa e comarca. Medios de comunicación en Negreira, A Baña e Brión no século XX.

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Amancio Liñares Giraut is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Amancio Liñares Giraut
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes