peoplepill id: amadeo-goyanes
AG
Spain
2 views today
2 views this week
Amadeo Goyanes
Spanish musician

Amadeo Goyanes

The basics

Quick Facts

Intro
Spanish musician
Places
Work field
Gender
Male
Place of birth
Monforte de Lemos, Spain
Place of death
Lugo, Spain
Age
80 years
The details (from wikipedia)

Biography

Amadeo Goyanes Vázquez, nado en Cinsa (Baamorto, Monforte de Lemos)o 27 de abril de 1915, e finado en Lugo o 2 de xuño de 1995, foi un ferroviario e músico galego.

Traxectoria


Foi o maior de nove irmáns, fillo de Salustiano e Demetria, labregos, que traballaban no campo e no muíño familiar preto do río Cinsa, onde Amadeo axudaba de pequeno. Tamén aprendeu o oficio de carpinteiro en Ferreira de Pantón, máis concretamente en Paderne de Allariz, chegou a facer carros, arados e mobles cun señor chamado “Pepe”. El tamén aproveitaba o seu tempo libre cando estaba no muíño e dedicábase a elaborar frautas de cana e, deste xeito, tamén fixo a súa primeira gaita.

En 1936 abandonou Cinsa debido a que o chamaron para cumprir o servizo militar. Durante a guerra civil españolaquedou ferido en Peñarroya (provincia de Córdoba), onde permaneceu hospitalizado a causa da metralla que tiña na perna esquerda, debido ao cal volveu á casa considerado como un militar mutilado.

Entra a traballar na RENFE en Monforte de Lemos, cando rematou a guerra civil. Casou con Amelia Casar Aceiro de Bóveda, máis concretamente de Vilalpape, coa que tivo dúas fillas: Nieves e Charo.

Un ano despois trasladárono a traballar a Valladolid onde montou un bar na rúa Vega, no que a maioría dos clientes son galegos, os máis destacados son Faustino Santalices e Luís de Castro. Neste establecemento a parte de servirse principalmente viños e merendas, o propio Amadeo Goyanes tocaba a gaita xa que era o único que facía eso ata que chegou o coñecido Santalices e comezou a facer o mesmo que Amadeo.

En 1950 regresou a Monforte de Lemos para continuar traballando nas oficinas da RENFE. Anos despois montou un obradoiro onde construíu gaitas e tamén dedicaba o seu tempo de lecer a arraxar e montar radios. O 28 de xullo do ano 1966 recibiu a medalla e o título de “artesán exemplar”.

Seguiu tocando a gaita e co tempo aumentan os seus coñecementos. Ademais de tocar a gaita colaboraba con grupos de baile locais e tamén forma as asociacións chamadas Contos e Agarimos, e crea Os agarimos, grupo formado por gaiteiros que actuou en numerosos lugares.

En 1970 anos Amadeo Goyanes colleu unha xubilación anticipada, o que lle permitiu facer o que máis lle gustaba, é dicir dedicábase a fabricar e tocar instrumentos construídos por el mesmo e tamén lle gustaba dar a coñecer eses instrumentos.

Ese mesmo ano viaxou a Confolens (Francia), para asistir a uns cursos que se realizaban no Festival de Interpretación de Vielles, onde coñeceu a xente importante que lle faría a súa vez cambiar a súa visión da zanfona. Tamén acudiría posteriormente outra vez a este festival dúas veces máis, en agosto de 1972 grupo Os agarimos, en tren, e en xullo de 1977 para concursar nos Encontros Internacionais de Mestres-Luthiers de St. Charlier.

A principios dos anos 80 foi homenaxeado por un grupo de amigos en Monforte de Lemos.

A súa afección pola construción de instrumentos

Amadeo fixo principalmente gaitas aínda que tamén elaborou outros instrumentos como as frautas e as travesas.

Cando retorna de Valladolid crea obradoiros en diferentes locais.

Empezou a súa afección polos instrumentos aos 12 anos e non só aprendeu a tocar frautas, senón que tamén aprendeu a fabricalas.

En Valladolid grazas a Faustino Santalices aprendeu a construír a gaita nas tonalidades de Do e Si bemol.

Ao seu comezo non asinaba as frautas por iso algunhas de elas non conteñen a súa sinatura. Logo asinaríaas mediante un selo no que se observaba na parte de arriba “A GOYANES” e na de abaixo “MONFORTE”.

Vendía por encarga pero tamén directamente, distribuíaas sobre todo pola contorna pero tamén en colectivos galegos tanto en Europa como en América.

Notas

  1. Quintana, Pablo (2015). Amadeo Goyanes e as zanfoneiras de Monforte. acentralfolque. Centro Galego de música popular. ISBN 978-84-940598-7-2. 
  2. "Homenaje al músico y ferroviario Amadeo Goyanes". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de abril de 2015. Consultado o 8 de maio de 2019. 
  3. "Amadeo Goyanes, un ferroviario monfortino que axudou a salvar a zanfona". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de febreiro de 2015. Consultado o 8 de maio de 2019. 

Véxase tamén

Bibliografía

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Amadeo Goyanes is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Amadeo Goyanes
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes