Álvaro Gil Varela
Quick Facts
Biography
Álvaro Gil Varela, nado en Lugo en 1905 e finado en Madrid o 2 de outubro de 1980, foi un enxeñeiro de montes, empresario e filántropo galego.
Traxectoria
Durante a súa mocidade participou na redacción da revista Ronsel, publicada en Lugo e dirixida por Evaristo Correa Calderón.
Foi axudante de Montes da Deputación de Pontevedra en 1929. Ampliou estudos en Francia e Italia sobre técnicas de pastos. Estivo aloxado na Residencia de Estudiantes. Ampliou estudos en Alemaña en 1934, onde se doutorou pola Universidade de Berlín en Ciencias Naturais. Traballou e colaborou co doutor Cruz Gallástegui en xenética animal.
Vinculado co galeguismo republicano, formou parte do Partido Galeguista e estivo encarcerado durante a guerra civil. Desposuído dos seus títulos académicos entrou en contacto coa empresa Zeltia, na que ocuparía cargos directivos. Tamén participou na xestión de Transfesa.
Entre 1955 e 1980 realizou numerosas doazóns ao Museo Provincial de Lugo, entre as que se contan obras pictóricas e pezas de incalculable valor, como o torque de Burela e o carneiro alado de Ribadeo, ademais de brazaletes, arracadas e pulseiras de ouro de tradición celta. No 2009 unha sentenza xudicial deu a razón aos seus herdeiros, que reclamaban a reversión das devanditas doazóns.
Recoñecementos
Foi nomeado Fillo Predilecto da cidade de Lugo.
Vida persoal
Casou en Lugo con Antonia Arias Vázquez en marzo de 1931.
Notas
- ↑ El Ideal Gallego, 6-3-1931, p. 5.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Perfecto Conde Muruais (3 de outubro de 1980). "Murió Alvaro Gil, impulsor de la cultura gallega". El País.
- Álvaro Gil Varela na páxina web Nomes e Voces.