peoplepill id: alicia-louzao
AL
Spain
6 views today
6 views this week
The basics

Quick Facts

Places
Gender
Female
Birth
Place of birth
Ferrol, A Coruña Province, Galicia, Spain
Age
38 years
Education
University of A Coruña
Complutense University of Madrid
University of Salamanca
Alicia Louzao
The details (from wikipedia)

Biography

Alicia Prisciliana Sánchez Iglesias, coñecida como Alicia Louzao, nada en Ferrol en 1987, é unha filóloga, profesora e escritora galega en lingua castelá.

Traxectoria

Perfil académico

Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña, fixo un mestrado en Formación literaria e licenciouse en Filoloxía Inglesa pola Universidade Complutense de Madrid, e en 2017 doutorouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Salamanca, coa tese de doutoramento Las relaciones de sucesos en la colección de jesuitas de la biblioteca de la Real Academia de la Historia (1600-1650), dirixida por María Sánchez Pérez.

Obtivo unha bolsa de colaboración no departamento de Filoloxía na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, así coma unha bolsa de colaboración na biblioteca da mesma Universidade. En 2013 trasladouse ó Reino Unido e foi profesora no St Albans High School for Girls até o 2015. Durante ese tempo, compaxinou os estudos co traballo como profesora de lingua e literatura. Foi correctora editorial e profesora na Universidad Complutense de Madrid, no grao de Filoloxía, ademais de traballar como profesora na Universidade Internacional da Rioxa. Actualmente é profesora de lingua e literatura no IES Lázaro Carreter de Madrid.

Creación

Escribe dende nova e gañou premios tamén en lingua galega, foi galardoada co primeiro Premio de Poesía de Cambre (2013) e finalista dos premios de poesía da revista Dictum Factum viguesa (2016 e 2017). Compaxina a poesía co relato. En prosa foi finalista e publicou o seu relato "Pausa para una tostada" na revista La Gran Belleza.

Colabora nas revistas Ocultalit, Culturamas, Quimera e Aullido. Publicou poemas en Aullido, La Libélula Vaga, ou a revista El Coloquio de los perros. Participou en festivais de poesía como Expoesía de Soria (2021) ou o festival Voix Vives de Toledo (2022).

O seu poema "La tierra de los fracasados" obtivo o VIII Premio Internacional de Poesía Jovellanos. Tamén foi finalista do XXXIII Certame de Narrativa Ana María Matute xestionado pola editorial Torremozas e finalista do I Premio Internacional de Poesía Asterión 2022. En 2022 gañou o V Premio de Poesía Centrifugados/Pueblo de San Gil, sendo a primeira poeta española en obter este recoñecemento. Foi finalista do premio Adonáis de Poesía (2022) e do I Premio de poesía Marpoética, optando a unha publicación na editorial Visor. En novembro de 2023 acadou o XVII Premio internacional de poesía Leonor de Córdoba co poemario Cabeza de familia, que conta coa publicación da obra premiada.

Obras

  • Manual para la comprensión del insomnio, El Transbordador, 2019.
  • El circo volador, Versátiles, 2020.
  • Las niñas que no queríamos ir a la escuela, Liliputienses, 2021.
  • La tierra de los fracasados, Nobel, 2021.
  • Babilonia Dream, BajAmar, 2021.
  • Diarios del año de las moscas, Lastura, 2022.
  • Meigallo: tarot poético, La imprenta, 2023.
  • Nadie dirá que estuvimos aquí, Liliputienses, 2023.

Antoloxías

  • Naturaleza Poética, La Imprenta, 2022.
  • Viento a favor II, BajAmar, 2022.
  • El dolor de las abejas, Torremozas, 2021.
  • Lo que debería haber dicho a mis ex (y nunca les dije). Ediciones Liliputienses, 2022.

Premios

  • 1° Premio no XX Certame de poesía de Cambre, 2013.
  • 4° Premio da V Edición do Concurso de relatos da UCM, 2013.
  • III Premio universitario do Recital de poesía da Universidade de Salamanca, 2014.
  • VIII Premio Internacional Jovellanos al Mejor poema del mundo, 2021.
  • Finalista do Certame Ana María Matute de Narrativa, 2021.
  • 2º Premio X Certame Nacional de Poesía ASEAPO, 2021.
  • I Premio Internacional de Poesía Asterión, mención de honra, 2022.
  • XI Premio Internacional de Poesía Yolanda Sáenz de Tejada, mención de honra, 2022.
  • Gañadora do V Premio de Poesía Centrifugados/Pueblo de San Gil, 2022.
  • Finalista do 76º Premio de Poesía Adonáis (2022).
  • Finalista do I Premio Internacional de poesía Marpoética, 2023.
  • XVII Premio internacional de poesía "Leonor de Córdoba", 2023.

Vida persoal

Nada en Ferrol, pero ten raíces en Vilatuxe e Lalín. Louzao é o apelido da súa familia. O pazo dos Louzao, co escudo familiar, atópase en Vilatuxe.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Alicia Louzao is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Alicia Louzao
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes