peoplepill id: alfredo-iglesias-dieguez
AID
Spain
5 views today
5 views this week
Alfredo Iglesias Diéguez

Alfredo Iglesias Diéguez

The basics

Quick Facts

Places
Gender
Male
Birth
Place of birth
Vigo
Age
59 years
The details (from wikipedia)

Biography

Alfredo Iglesias Diéguez, nado en Vigo en 1966, é un profesor e historiador galego.

Traxectoria

Doutor en Historia, é especialista en evolución humana. Profesor de Ciencias Sociais no IES Maruxa Mallo de Ordes. Dende 1984 está vinculado ao proxecto Orce-Cueva Victoria, que dirixiu o Dr. Gibert ata o ano 2007, participando nas escavacións de Venta Micena, Barranco León, Fuente Nueva 1 e Barranco del Paso (Orce, Granada) e Cueva Victoria (Cartagena). No ámbito da a evolución humana é autor de numerosas investigacións publicadas en revistas especializadas de ámbito internacional (Human Evolution, L’Anthropologie...) e nacional (Gallaecia, Estudios de sociolingüística...), así como en revistas de carácter xeral (A Trabe de Ouro); así mesmo, é autor –unhas veces en solitario e outras en colaboración-, de capítulos nos libros Presencia humana en el Pleistoceno inferior de Granada y Murcia (1992), Pour Darwin (1997), The hominids and their environment during the lower and the middle pleistocene of Eurasia (1999), A very remote period indeed (2001), Homenaje a Emiliano Aguirre (2005), The Human Evolution Source Book (2006) e O darwinismo e Galicia (2009), así como do libro Historia do pensamento antropolóxico en Galicia: o discurso sobre a evolución humana (1999), baseado nas investigacións realizadas en relación coa súa Tese de doutoramento, pola que obtivo o premio extraordinario en 1999.

Dende 1995 ata o 2011 colaborou habitualmente en Galicia Hoxe (antes O Correo Galego), tanto no suplemento Descubrir, con artigos de divulgación científica ou histórica, como nunha columna de opinión titulada Na marxe esquerda, na que escribiu centos de artigos relacionados coa igualdade de dereitos, a solidariedade, o altermundismo, a crise da democracia e do capitalismo… Por un dos primeiros artigos publicados n’O Correo Galego: “SOS Racismo, a humanidade en perigo”, recibiu o Premio Puro Cora de Xornalismo en 1996. Así mesmo, dende 2003 é colaborador habitual de Faro da Cultura, do xornal Faro de Vigo, no que colabora con reseñas de libros de ensaio. Tamén ten publicado artigos en Altermundo, portal altermundista galego do que pertence ao seu Consello editorial, e en Rebelión. Integrou o equipo de redacción da Enciclopedia Galega Universal, obra que recibiu o Premio Crítica de Galicia á iniciativa cultural no 2001. Tamén participou na realización de libros de texto nas editoriais Tambre e Obradoiro, coa que segue a traballar na actualidade.

Vinculado dende a súa mocidade a organizacións sociais e políticas de esquerda, foi membro da Comisión Permanente do Secretariado Nacional do STEG (2009-2011), organización á que representou no Consello do Foro Social Galego.

Obra en galego

Ensaio

  • Manuel Murguía, 2000, Ir Indo.
  • Pablo Iglesias, 2001, Ir Indo.

Obras colectivas

  • 15-M: o pobo indignado, 2011, Laiovento.
  • A praza é nosa, 2011, 2.0 editora.

Traducións

  • Por unha ecoloxía das linguas do mundo, de Louis-Jean Calvet, 2004, Laiovento.
  • En Triunfo, de Ramón Chao e Ignacio Ramonet, 2005, Laiovento.
  • Cartas ao señor futuro, de Eduardo Galeano, 2007, Laiovento.

Obras colectivas

  • O traballo, 2002. Cartafol con 12 láminas de Mingos Teixeira.

Obra en castelán

Obras colectivas

  • Bandolerismo, vino y farándula en el Camino de Santiago, 1999. Con debuxos de Camilo Otero.
  • Para conocer y comprender el Camino de Santiago: el libro imprescindible para antes de emprender la Ruta Sagrada, 2001, Ir Indo. Coordinador con Mercedes Pacheco Vázquez.

Traducións

  • Esa familia poco común, de J. Chaline, 1997, Akal.
  • Homero, de P. Carlier, 2005, Akal.
  • Tras los pasos de los dioses griegos, de P. Léveque, 2006, Akal.
  • Los griegos y nosotrosde M. Detienne, 2007, Akal.
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Alfredo Iglesias Diéguez is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Alfredo Iglesias Diéguez
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes