Alfredo Erias
Quick Facts
Biography
Alfredo Erias Martínez, nacido en Presedo (Abegondo) o 29 de maio de 1954, é un historiador, pintor, debuxante e gravador, director do Museo das Mariñas, en Betanzos.
Traxectoria
Estudou Xeografía e Historia na Universidade de Santiago e traballa como arquiveiro-bibliotecario do concello de Betanzos desde 1983. Entre 1989 e 1992 foi coordinador da Xunta de Galicia para a organización dos arquivos municipais da Coruña, Lugo e Ourense, realizando o inventario de 52 concellos galegos. Igualmente, desde 1984, dirixe o Museo das Mariñas (Betanzos) e a revista Anuario Brigantino e é coordinador da revista Restauro. Revista Internacional del Patrimonio Artístico.
Ademais do seu labor profesional como historiador e investigador, Alfredo Erias é coñecido polos seus detallados debuxos sobre os máis diversos aspectos da arte e historia medievais galegas: sepulcros, laudas, capiteis, relevos etc.
É membro correspondente do Instituto Cultural Galaico-Minhoto e socio honorario da Mesa para a Defensa do Galego en Asturias.
Obra
Coma historiador publicou diferentes traballos en distintas revistas, especialmente no Anuario Brigantino, desenvolvendo aspectos etnográficos, económicos e históricos das idades media a contemporánea. Publicou tamén traballos sobre inventarización de arquivos municipais e eclesiásticos. Centra a súa actividade na comarca de Betanzos.
Dirixiu a edición facsimilar de El Censor primeiro periódico de Betanzos, de tendencia liberal e dirixido por Roque Ponte Peña. Este semanario editouse entre os anos 1883 e 1884.
En 1997 fundou, con María Teresa Garea, a editorial Briga Edicións, onde publicou a súa colección "Debuxos de Galicia", serie de carpetas con 10 a 14 láminas completadas cun estudo de cada elemento debuxado da cultura e arte galegas e, en ocasións, portuguesas. Os distintos cadernos están dedicados a Betanzos (I), ós cruceiros (II), á caza medieval (III), ós músicos do Pórtico da Gloria (IV) e ós cabaleiros medievais (V).
Véxase tamén
Bibliografía
- CUNS LOUSA, Julio: Gran Enciclopedia Galega, s. v. Erias Martínez, Alfredo
Ligazóns externas
- Páxina persoal
- Galegos.info
- "As laudas sepulcrais de San Francisco da Coruña I", en Anuario Brigantino 1994, nº 17 [1] e II, en Anuario Brigantino 1998, nº 21 [2]
- "La eterna caza del jabalí", en Anuario Brigantino 1999, nº 22 [3]
- "O calendario medieval da igrexa de Santa María do Azougue: un achegamento ás súas imaxes", en Anuario Brigantino 2004, nº 27 [4]