Alfredo Bautista Alconero
Quick Facts
Biography
Alfredo Bautista Alconero, coñecido como Reisiño e Rey, nado en Ponteareas o 4 de novembro de 1912 e finado no Porriño o 13 de decembro de 2000, foi un debuxante e político galego.
Traxectoria
Facía caricaturas e debuxaba os carteis do cine de Ponteareas. Militante das Juventudes Socialistas Unificadas. Futbolista. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 21 de xullo co seu irmán Manuel Bautista Alconero Piruel. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar, foi condenado a cadea perpetua. Catro días despois conmutáronlle a pena por 30 anos de cárcere. Cumpriu a condena no campo de concentración da Illa de San Simón, onde fixo caricaturas de varios dos alí recluídos. Saíu en liberdade en 1940, casou e instalouse no Porriño. Traballou en Zeltia e foi adestrador deportivo.
Recoñecementos
O Seminario de Estudos Porriñeses Alfredo Bautista Alconero leva o seu nome.
Vida persoal
Casou con Charo Hermida.
Notas
- ↑ El Tea, 16-11-1912, p. 72.
- ↑ La Voz de Galicia, Vigo, 15-12-2000, p. 72.
- ↑ "Seminario de Estudos Porriñeses Alfredo Bautista Alconero". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2017. Consultado o 30 de decembro de 2020.
Véxase tamén
Bibliografía
- Paz Antón, Xosé Ramón (2007). O Porriño 1936. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-157-5.
- Antonio Caeiro e outros (1995). Aillados.
Ligazóns externas
- Alfredo Bautista Alconero na páxina web Nomes e Voces.