Alba Cid
Quick Facts
Biography
Alba Cid Fernández, nada en Ourense o 10 de marzo de 1989, é unha poeta galega.
Traxectoria
Estudou Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, onde realiza a súa tese doutoral e exerce docencia. Foi recoñecida desde moi nova en diversos galardóns literarios, entre os cales están o 43 Concurso Nacional de Redacción Coca Cola (2003), o Rosalía de Castro de Cornellà (2006, 2008), o Minerva (2007), o Ourense de Contos para a Mocidade (2010) ou o Xuventude Crea (2013, 2016), entre outros.
Publicou textos en diversos libros colectivos, como Poética da casa (2006), 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca (2015) ou Librosconversos (2016), e nas revistas Dorna (de cuxo Consello de Redacción forma parte), Raigame, Algália, Grial e Luzes.
Mantivo diversos espazos na rede, coma o caderno de viaxe paxaros que foron príncipes otomanosou a súa conta de Instagram, ademais de colaborar en diversas publicacións dixitais, coma Noir Magazine.
Obra
Obras colectivas
- Poética da Casa, 2006, Consellería de Vivenda e Solo.
- 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores.
- Librosconversos, 2016, LibrosGalegos.gal.
- No seu despregar, 2016, Apiario.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Alba Cid, na web Poesía Galega.