Agustín Jorge Etcheverri
Quick Facts
Biography
Agustín Jorge Etcheverri, nado en Santiago de Compostela en 1902 e finado en Pontevedra o 24 de setembro de 1936, foi un médico e político galego.
Traxectoria
Estudou no Colexio de San Buenaventura e despois licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (1927). Estableceuse en Cangas como médico a finais de 1927 e traballou para o pósito. Foi o primeiro presidente do Círculo Republicano Radical de Cangas formado en 1931, sendo representante do Partido Republicano Radical en Pontevedra. Foi Xuíz municipal de Cangas (1933). En 1935 foi un dos fundadores e o primeiro presidente de Izquierda Republicana. Co triunfo da Fronte Popular foi nomeado alcalde de Cangas. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido o 23 de xullo acusado de rebelión militar e ingresou na prisión de Cangas. Foi xulgado en consello de guerra en Pontevedra o 19 de setembro xunto ao secretario do concello Francisco Búa Carou, Lorenzo Corbacho Rodal, Víctor Sánchez Mártil e José Rodal Lanzós. Condenado á pena de morte, foi fusilado en Pontevedra o 24 de setembro de 1936.
Predecesor: Francisco Eiroa Graña | Alcalde de Cangas 1936 | Sucesor: - |