Afonso Vázquez-Monxardín
Quick Facts
Biography
Afonso Vázquez-Monxardín Fernández, nado en Ourense en 1960, é un arqueólogo e catedrático de lingua e literatura galegas, historiador, investigador, profesor e escritor galego.
Traxectoria
É licenciado en Xeografía e Historia, nas especialidades de Prehistoria e Arqueoloxía, Xeografía e Historia de Galicia e Arquivística e Biblioteconomía. Foi o arqueólogo de numerosas escavacións en Galicia, Portugal e Italia e 1983 pasou, como tantos outros da súa xeración, á docencia de lingua e literatura galega. É catedrático de ensino medio desde 1996. Foi profesor visitante da súa materia en centros galegos e universidades de América (Centro Galego, Centro Galicia e Universidade de Belgrano, en Buenos Aires; Universidade Federal da Bahía, en Brasil; e Lar Gallego en Santiago de Chile). Foi o impulsor do proxecto Arquivo Sonoro de Galicia no seo do Consello da Cultura Galega e estivo durante trece anos no equipo directivo do IES As Lagoas de Ourense. Foi colaborador de O Correo Galego, Galicia Hoxe e escribe dous artigos semanais en La Región.
Obras
- Xoaquin Lorenzo Fernández "Xocas". A fidelidade á Galicia soñada (2004)
- Xoaquín Lorenzo (1907-1989). Unha fotobiografía (coord.; 2004)
- Danse lido (2014)
- Ramón Otero Pedrayo, Unha fotobiografía (2014; xunto con Patricia Arias Chachero)
- Primitivo Rodríguez Sanjurjo y su eplistolario con Otero Pedrayo (2016; xunto con Patricia Arias Chachero)
Traducións
Recoñecementos
- Premio Ourense de Contos para a Mocidade, 1987.
- Premio Aurelio Carracedo de xornalismo da Deputación de Ourense, 2009.