peoplepill id: afonso-becerra-de-becerrea
ABDB
Spain
2 views today
2 views this week
Afonso Becerra de Becerreá

Afonso Becerra de Becerreá

The basics

Quick Facts

A.K.A.
Afonso Becerra Arrojo
Places
Gender
Male
Birth
Place of birth
Becerreá
Age
52 years
The details (from wikipedia)

Biography

Afonso Becerra Arrojo, coñecido como Afonso Becerra de Becerreá, nado en Becerreá en 1973, e un dramaturgo e director de escena galego.

Traxectoria

Licenciado en Arte Dramática, na especialidade de Dirección de escena e dramaturxia, polo Institut del Teatre de Barcelona. Titulado en Interpretación polo ITAE (Instituto del Teatro y de las Artes Escénicas) do Principado de Asturias e mestrado en Artes Escénicas pola Universitat Autònoma de Barcelona. Exerce a docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, onde imparte clases de Dramaturxia.

En 1988 creou a Asociación Cultural A Pipa de Becerreá na que desenvolve diversas iniciativas relacionadas coa literatura galega e o teatro, como son as Noites Poéticas e o Certame Literario da Alta Montaña Luguesa.

Pertence ao Consello de Redacción da RGT (Revista Galega de Teatro) e forma parte do Consello Asesor do Centro Dramático Galego. En 2009 funda, xunto á directora de escena Ana Contreras, a compañía Ónfalo Teatro.

Participou en proxectos escénicos e espectáculos coa Compañía Nove-Dous do Carballiño, Teatro Bruto de Compostela, Teatre Lliure de Barcelona, Producciones Bles de Madrid e para a AC A Pipa de Becerreá dirixiu varias obras.

Obras

Teatro

Libros

  • Agnus Patris. Edicións Xerais. Vigo, 2002. (ISBN 84-8302-745-3 e 84-453-3327-5).
  • Crio-Xénese. Laiovento. Santiago de Compostela, 2007. (ISBN 978-84-8487-124-X).
  • Dramatículas. Laiovento, 2010. (ISBN 84-8487-199-6).
  • Textículos dramáticos e posdramáticos, Laiovento, 2014. (ISBN 84-8487-237-5).

Publicacións en revistas

  • Diálogo para cuatro sillas e . “Estreno. Cuadernos del teatro español contemporáneo”. Vol. XXXII, No. 2. Outono 2006. Ohio Wesleyan University. Delaware, Ohio. Estados Unidos. (ISSN: 0097-8663)
  • Rexurdimento. Visións dun cego. “Revista Galega de Teatro” Nº 46. A.C. “Entre Bambalinas”, Cangas, Pontevedra, 2006. (ISNN: 113-956 X).
  • Unha rosa entre as pernas. “Casahamlet. Revista de Teatro” Nº 9. Deputación da Coruña, 2007. (D.L.: C-1152-1999).
  • Burnig Bright. “Infoxove” Nº 32, decembro 2008. Xunta de Galicia. (ISSN: 1886-3035).

Ensaio

  • O ritmo da dramaturxia. Teoría e práctica da análise rítmica. Biblioteca-Arquivo Teatral “Francisco Pillado Mayor” da Universidade da Coruña. A Coruña, 2005. (ISBN 84-9749-169-6).
  • Dramaturxia. Teoría e práctica. Galaxia. Vigo, 2007. (ISBN 978-84-453-4388-3 e 978-84-7154-016-4).
  • Roberto Vidal Bolaño e o xogo do teatro. Laiovento, 2012. (ISBN 84-8487-229-0).

Traducións

  • Na meta, de Thomas Bernhard. Difusora, 2011. Con Ana Contreras.

Obras colectivas

  • Manuel Lugrís Freire. Do texto ao escenario. Galaxia, 2006.
  • Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario, Xerais, 2007.
  • Cento vinte e cinco anos de teatro en galego. Galaxia, 2007.
  • Literatura dramática. Unha introdución histórica. Galaxia, 2007.
  • A Coruña á luz das letras. Trifolium, 2008.
  • Labras do oficio. Xesús Rábade Paredes ante 33 miradas, 2008.
  • Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega, libro electrónico.
  • Banqueiros, Laiovento, 2012.

Premios

  • Premio Álvaro Cunqueiro en 2001, por Agnus Patris.
  • Finalista na modalidade de Teatro dos Premios de AELG no 2008, por Crio-Xénese.

Véxase tamén

Bibliografía

  •  

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Afonso Becerra de Becerreá is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Afonso Becerra de Becerreá
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes