Adrián Bouza Campello
Quick Facts
Biography
Adrián Bouza Campello, nado nas Pontes o 3 de marzo de 1980, é un futbolista galego. Xoga de defensa. Saíu da canteira do club da súa vila, As Pontes.
Debutou en 3ª división co seu club de formación, para logo recalar no Cerceda co que logrou o campionato de 3ª división e disputou 2 fases de ascenso a 2ª B, nas temporadas 2002-2003 e 2003-2004. Na súa 3ª e última campaña en Cerceda, o equipo remata na 6ª posición.
Cambia de aires e xoga 5 temporadas co Narón en 3ª División. Na temporada 2007-2008, o Narón queda en 3ª posición e xoga a fase de ascenso de 2ª B. NAs súas dúas últimas temporadas en Narón, o equipo queda na 5ª posición. Chega a temporada 2010-2011, e o lugar de destino é Carballo, para enrolarse no Bergantiños, quedan clasificados na posición 14.
Na temporada 2011-2012, enrólase no Dorneda, onde coincide co seu irmán pequeno Elmer, que na en xuño de 2010, decidía cambiar a camiseta do Bergantiños, pola do Dorneda, na busca do ascenso a 3ª división. Na tempada 2015-2016 está a xogar en Rexional Preferente no Laracha.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Datos do xogador en futbolme.com (en castelán)