Xulio Francisco Ogando
Quick Facts
Biography
Xulio Francisco Ogando Vázquez, nado en Beariz o 11 de decembro de 1913 e falecido en Ourense o 1 de abril de 2005, foi un escritor, académico e dirixente galego.
Traxectoria
Militante das Mocedades Galeguistas na preguerra, estudou Filosofía e Dereito en Santiago, onde en 1931 se incorpora ao Seminario de Estudos Galegos. En 1940 diríxese a Pontevedra para dar clase de linguae literatura española no bacharelato, e posteriormente sería destinado a Lugo (1943), Astorga (1949) e Ourense (1954). Nesta cidade, a súa traxectoria docente está vencellada ao instituto feminino, logo chamado Otero Pedrayo por iniciativa do propio Ogando, onde foi catedrático e director, e onde se xubilou en 1983.
Dinamizador da vida cultural ourensá, dedicouse ao estudo da historia local e de Galicia, e a súa posición permitiulle ocupar en 1981 a presidencia da Caixa de Aforros Provincial de Ourense.
Foi designado académico correspondente da Real Academia Galega en 1942 e xa en 1980 foi designado académico, a proposta de Sebastián Martínez-Risco, Ramón Otero Pedrayo, Xesús Ferro Couselo e Xosé Trapero Pardo. Formou parte das direccións da Fundación Otero Pedrayo (foi o testamenteiro de Otero Pedrayo) e da Fundación Alexandre Bóveda, e foi membro correspondente da Real Academia da Historia, e membro de honra da Academia Galega de Xurisprudencia e do Instituto de Coímbra. Recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1994 e a distinción de Cabaleiro da Gran Cruz da Orde de San Silvestre en 2004.
Está soterrado en Vilafranca do Bierzo, de onde era a súa muller. Cos seus fondos bibliográficos constituíuse a Fundación Casdemiro.
Obras
- Dolor y olvido de López Ferreiro (1939)
- Tres notas sobre la Historia Compostelana (1943)
- Catálogo de la Primera Exposición del Libro Lucens (1945)
- La Biblioteca ideal de un cura mindoniese del siglo XVI (1947)
- Cuatro grandes juristas orensanos (1960)
- La custodia de Arfe en la catedral de Santiago (1973)
- Supersticiones mindonienses en las sinodales del Obispo Fr. Antonio de Guevara (1979)
- Tres fitos senlleiros na historiografía da lingua galega: 1768, 1868, 1968 (1980)
- Fantasía e realidade en “La Catedral y el niño” (1997)
- Otero Pedrayo, orador (2001).