peoplepill id: xose-otero-espasandin
XOE
Spain
1 views today
1 views this week
Xosé Otero Espasandín

Xosé Otero Espasandín

The basics

Quick Facts

From
Gender
Male
Place of birth
Cerdedo-Cotobade
Place of death
Washington, D.C.
Age
86 years
The details (from wikipedia)

Biography

Xosé Rogelio Otero Espasandín, nado en Santa Baia de Castro, Cerdedo-Cotobade o 9 de novembro de 1900 e finado en Bethesda, Washington o 15 de outubro de 1987, foi un científico e escritor galego.

Traxectoria

Otero Espasandín viviu na súa parroquia natal ata que en 1914 comezou os estudos de Maxisterio en Santiago de Compostela. Cando remata en 1921, é mobilizado a Melilla polo desastre de Annual. Alí coincide con Rafael Dieste, Amado Villar e Xosé María Brea Segade.

Otero Espasandín non participa na elaboración da revista Charamuscas, na que escriben o autor rianxeiro xunto con Brea Segade e Jesús Romero Sánchez.

Actividade literaria

A partir da campaña de África, da que regresa en 1923, Otero establecerá fortes lazos cos seus compañeiros, sobre todo con Rafael Dieste: publicacións, inquedanzas e angueiras en común, ademais dunha fonda amizade. Con Amado Villar, que durante varios anos dirixirá as páxinas literarias de Faro de Vigo, manterá unha asidua colaboración. Asemade, continúa a relación con Xosé Mª Brea Segade, xa que en 1923 ambos os dous comezarán a traballar como mestres nos Pósitos de Pescadores, o de Cerdedo-Cotobade no de Ribeira –ao que se incorporará tamén, aínda que brevemente, Rafael Dieste como docente no ano 1926– e Brea Segade no da súa vila natal, Rianxo.

Ademais do seu traballo como mestre, Otero Espasandín comeza a colaborar en varios xornais e publicacións galegos: Galicia, Faro de Vigo, Nós ou El Pueblo Gallego. Os seus primeiros escritos en lingua galega publicaranse neste último xornal a partir do ano 1926.

En 1929 vai ampliar os seus estudos á Escola Superior de Maxisterio de Madrid, onde se especializa en ciencias. Na capital comeza unha etapa na que desenvolve unha vizosa vida intelectual e profesional. Traballa coma profesor de matemáticas na Escola Plurilingüe Internacional –onde coñece á que será a súa dona, Alicia Ortiz Alonso– e colabora tamén no Museo de Ciencias.

As Misións Pedagóxicas

Mergúllase, xunto co seu amigo Rafael Dieste, na anovadora proposta educativa que supoñen as Misións Pedagóxicas e que os levará por diversos puntos da xeografía española. Amais, colabora en xornais como Nueva España ou, xa no ámbito galego e como poeta, en revistas como Nós ou Universitarios.

Nestes anos, Otero Espasandín é tamén un asiduo dos parladoiros que tiñan lugar nos madrileños Café de las Flores e La Granja El Henar, onde un nutrido grupo de asistentes se reunía en torno a Eduardo Dieste –na altura cónsul de Uruguai en España–, no primeiro, e a Ramón María del Valle-Inclán no segundo.

Nesta época, e a modo de novo punto de reunión dos homes que se xuntaban nos parladoiros da capital, nace a revista PAN Revista epistolar y de ensayos (1935) impulsada polo máis vello dos Dieste e baixo a dirección de Otero. Nos sete números que saíron da revista colaboran, entre outros, Jesús Bal y Gay, Antonio Baltar, Roberto Blanco Torres, Eduardo e Rafael Dieste, Eugenio Fernández Granell, Cándido Fernández Mazas, Enrique Fernández Sendón, Ramón Gaya, Lorenzo Varela e Antonio Sánchez Barbudo.

Guerra e exilio

O alzamento de 1936 e a Guerra Civil truncan a vida de Xosé Otero Espasandín que é mobilizado no bando republicano. Pasa os anos da guerra en Barcelona, nunha oficina de aviación, ata que o 9 de febreiro de 1939 cruza a fronteira pirenaica e consegue chegar a Francia acompañado de Rafael Dieste, Sánchez Barbudo e Ramón Gaya, compañeiros das Misións Pedagóxicas e da revista PAN.

Nese mesmo mes vai a Inglaterra, onde estaba súa dona e súa filla. En abril de 1941 marchan a Buenos Aires. Ante a imposibilidade de convalidar o título de mestre, sobrevive con traducións e creacións de libros de divulgación en castelán. En 1947 marcha aos Estados Unidos, sendo lector de castelán en Waynesburg, Pensilvania.

Do longo exilio, Xosé Otero Espasandín xa non retornará.

Véxase tamén

Bibliografía

  •  
  •  
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Xosé Otero Espasandín is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Xosé Otero Espasandín
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes