peoplepill id: xose-manuel-rodriguez-pampin
XMRP
Spain
1 views today
16 views this week
Xosé Manuel Rodríguez Pampín

Xosé Manuel Rodríguez Pampín

The basics

Quick Facts

From
Work field
Gender
Male
Birth
Place of birth
Melide, A Coruña, A Coruña Province, Galicia, Spain
Death
1997 (aged 57 years)
Age
57 years
Education
Comillas Pontifical University,
The details (from wikipedia)

Biography

Xosé Manuel Rodríguez Pampín, nado en 1940 en Melide e finado en 1997, foi un sacerdote católico, escritor, tradutor e dramaturgo galego en lingua galega.

Traxectoria

Estudou no Seminario de Santiago de Compostela e na Universidade Pontificia Comillas e foi profesor de relixión en varios institutos de ensino medio. Reivindicou a liturxia en galego e publicou principalmente en Encrucillada e Grial, incluído nesta última varios contos e tres pezas teatrais. Formou parte do equipo que traduciu a Biblia ao galego.

Obra

  • A Biblia dos nenos, de A. M. Cocagnac e Rosemary Haughton, tradución de Xosé Manuel R. Pampín, Lois Rodríguez e Anxel González Núñez, 1975, SEPT.
  • Creón, Creón, obra de teatro, Grial n.º 50, 1975.
  • Nova conciencia na Igrexa galega, 1976, SEPT, con prólogo de Miguel Anxo Araúxo Iglesias. ISBN 978-84-7337-021-9.
  • Ifixenia non quere morrer, obra de teatro, Grial n.º 55, 1977. Incluída na Biblioteca 114 da Editorial Compostela en 1992.
  • Alcestes, traxedia en dous actos e sete cadros, Grial n.º 62, 1978.
  • O Evanxelio dos nenos, de Harold Wistone, tradución, 1979, SEPT, ISBN 978-84-7337-011-0.
  • Pro e contra da Litúrxia en galego: historia dunha polémica. Canda Manuel Caamaño. SEPT, 1980. ISBN 84-7337-025-2.

Recoñecementos

En 1990 o equipo de José Fernández Lago e Andrés Torres Queiruga, no que el tamén participara, recibiu o Premio Nacional de Tradución de España polo traballo de traslado ao galego da Biblia (1973-1989).

O concello de Melide acordou en 1998, e executou en 2011, adicarlle o nome dunha rúa.

Notas

  1. Enciclopedia Galega Universal, t. 14, p. 509.
  2. Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t. 53, p. 74.
  3. Dicionario biográfico de Galicia, t. 3, p. 194.
  4. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, en DVD.
  5. "Imaxe da portada de: A Biblia dos nenos". Arquivado dende o orixinal o 07/04/2016. Consultado o 29/03/2016. 
  6. Grial n.º 50, 1975
  7. Imaxe da portada de: Nova conciencia na Igrexa galega
  8. Grial n.º 55, 1977
  9. Grial n.º 62, 1978
  10. "Imaxe da portada de: O Evanxelio dos nenos". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2016. Consultado o 29 de marzo de 2016. 
  11. "Imaxe da portada de: Pro e contra da Litúrxia en galego". Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2016. Consultado o 28 de marzo de 2016. 
  12. "Premio Nacional a la Mejor Traducción"
  13. "Homenaxe en Melide ao Crego Xosé Manuel Rodríguez Pampín..." Arquivado 08 de abril de 2016 en Wayback Machine. Concello de Melide, 1/1/2011.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 17 Aug 2020. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Xosé Manuel Rodríguez Pampín is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Reference sources
References
Xosé Manuel Rodríguez Pampín
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes