peoplepill id: xose-manuel-penas-patino
XMPP
Spain
1 views today
1 views this week
Xosé Manuel Penas Patiño
Spanish politician

Xosé Manuel Penas Patiño

The basics

Quick Facts

Intro
Spanish politician
From
Work field
Gender
Male
Birth
Place of birth
Santiago de Compostela, A Coruña Province, Galicia, Spain
Age
74 years
The details (from wikipedia)

Biography

Xosé Manuel Penas Patiño, nado en Santiago de Compostela en 1950, é un ornitólogo, profesor e político galego.

Traxectoria

Diplomado en Maxisterio, estudou interiorismo e empezou a cursar a licenciatura en Bioloxía, carreira que non chegou a rematar.

Foi profesor do Centro Público Integrado dos Dices, Rois, até a súa xubilación, e membro da Plataforma pola defensa do Sar. É especialista en aves.

Na política

Nas eleccións municipais de 1995 foi elixido concelleiro de Rois polo BNG, do que foi o seu voceiro no Concello. Volveu ser elixido concelleiro nas municipais de 1999 e 2003. Nese ano foi elixido alcalde de Rois grazas a un pacto co PSdeG-PSOE. Volveu ser concelleiro até 2010, cando renunciou á súa acta cando se xubilou como docente.

Publicacións

Libros

  • 1980 - Guía das aves de Galicia. (Con Carlos Pedreira López e Carlos Rodríguez Silvar. Prólogo de Ramón Piñeiro). Vigo: Editorial Galaxia, S. A. ISBN 84-7154-379-6.
  • 1985 - O lobo. Santiago de Compostela: Sociedade Galega de Historia Natural. ISBN 84-398-4357-7.
  • 1989 - Cetáceos, focas e tartarugas mariñas das costas ibéricas. (Con Antonio Piñeiro Seage e Xulio López Caeiro). Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Formación e Promoción Social Pesqueira. ISBN 84-453-0072-5.
  • 1991 - Guía das aves de Galicia. (Con Carlos Pedreira López e Carlos Rodríguez Silvar. Prólogo de Felipe Bárcena y Varela de Limia). A Coruña: Bahia Edicións. ISBN 84-87674-06-2.
  • 1995 - Aves. Tomo II do Atlas de vertebrados de Galicia. Santiago de Compostela: Sociedade Galega de Historia Natural / Consello da Cultura Galega. ISBN 84-87172-89-X. (Nesta obra, ademais de asinar varios artigos, Penas Patiño foi secretario desde 1985 a 1994, e coordinador desde 1980 a 1994).
  • 2004 - Guía das aves de Galicia. (Con Carlos Pedreira López e Carlos Rodríguez Silvar, ilustracións. Prólogo de Xesús Domínguez Conde). ISBN 978-84-96128-69-9. Nova edición, que inclúe CD-ROM e na que se describen 448 especies, ilustradas por Calros Silvar con máis de 2 000 debuxos a toda cor.

Artigos en revistas

  • 1975 - "Nomes galegos do Erithacus rubecula e do Troglodytes troglodytes". (Con Carlos Pedreira López). Verba. Anuario galego de filoloxía, nº 2, páxs. 295-306.
  • 1976 - "Nomes galegos das aves do xénero Streptopelia e Columba". (Con Carlos Pedreira López). Verba: Anuario galego de filoloxía, nº 3, páxs. 347-356.
  • 1977 - "Nomes galegos de aves piciformes". (Con Carlos Pedreira López). Verba: Anuario galego de filoloxía, nº 4, páxs. 343-354.
  • 1977 - "Lista patrón das aves de Galicia. I", con Xosé Manuel Penas Patiño. Braña. Bol. Soc. Galega Hist. Nat.. Ano 1977. nº 1-2, páxs. 131-142.
  • 1978 - "Lista patrón das aves de Galicia. II", con Xosé Manuel Penas Patiño. Braña. Bol. Soc. Galega Hist. Nat.. Ano 1978. nº 2, páxs. 25-36.
  • 1980 - "Nomes galegos das aves da familia Fingillidae". (Con Carlos Pedreira López). Verba: Anuario galego de filoloxía, nº 7, páxs. 355-378.
  • 1982 - "Os vertebrados da Galiza e o ensino" (Con Carlos Vales Vázquez). O Ensino: revista galega de Sócio-Pedagoxía e Sócio-Lingüística, nº 4, páxs. 19-30.
  • 2013 - "Unha plataforma para un Sar con vida". Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, nº 70, páxs. 42-43.
  • 2014 - "Galicia baixo a terra". (Con Javier Santiago Caamaño e Luís Gómez Aldegunde). Boletín das ciencias, nº 79, páxs. 51-52. Exemplar dedicado ao XXVII Congreso da Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA).


Predecesor:
Enrique Tojo Blanco
 
Alcalde de Rois
 
2003 - 2007
Sucesor:
Ramón Tojo Lens

Notas

  1. Xosé Manuel Penas Patiño: «As aves nos sirven a nós de termómetro». El Correo Gallego, 04/04/2011.
  2. Xosé Manuel Penas Patiño se jubila y renuncia a su acta de concejal en Rois
  3. Ler texto completo en Minerva. Repositorio Institucional da USC
  4. Ler texto completo en Minerva. Repositorio Institucional da USC
  5. Ler texto completo en Minerva. Repositorio Institucional da USC
  6. Xosé Manuel Penas Patiño e Carlos Pedreira López (1977). "Lista patrón das aves de Galicia. I" (PDF). Braña. Boletín científico da Soc. Galega Hist. Nat. pp. 131–142. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de febreiro de 2019. Consultado o 22 de febreiro de 2019. 
  7. Xosé Manuel Penas Patiño e Carlos Pedreira López (1978). "Lista patrón das aves de Galicia. II" (PDF). Braña. Boletín científico da Soc. Galega Hist. Nat. pp. 25–36. 
  8. Ler texto completo en Minerva. Repositorio Institucional da USC
  9. Ler texto completo, en Cerna).

Véxase tamén

Outros artigos

  • Eleccións municipais en Rois

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 09 Aug 2020. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Xosé Manuel Penas Patiño is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Reference sources
References
Xosé Manuel Penas Patiño
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes