Quantcast
peoplepill id: xose-luis-axeitos-agrelo
XLAA
1 views today
1 views this week
Xosé Luis Axeitos Agrelo

Xosé Luis Axeitos Agrelo Spanish writer

Spanish writer
Xosé Luis Axeitos Agrelo
The basics

Quick Facts

Intro Spanish writer
Is Writer Professor
From Spain
Type Academia Literature
Gender male
Birth 1 January 1945, Spain
Age: 75 years
Star sign CapricornCapricorn
Education
University of Santiago de Compostela
University of Salamanca
The details

Biography

Xosé Luís Axeitos Agrelo, nado en Asadelos (Asados, Rianxo) o 1 de xaneiro de 1945, é un escritor e investigador galego. É membro da Real Academia Galega desde 2004.

Traxectoria

Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Salamanca onde foi alumno do profesor José Luís Pensado, mestre da filoloxía galega a quen debe o seu achegamento ao século XVIII. Foi catedrático de Lingua e Literatura Castelá no IES Rafael Dieste da Coruña, cidade na que reside e onde exerceu a súa profesión desde 1989. Tamén é profesor-titor da UNED na súa sede da Coruña.

No campo da literatura dedica especial atención a Dieste, Luís Seoane e Manuel Antonio, aos que estudou e editou. Tense preocupado tamén polo mundo da edición en Galicia. Ingresou na Real Academia Galega o 30 de outubro de 2004, sendo Arquiveiro-Bibliotecario dela desde o 17 de decembro de 2005 ata o 18 de decembro de 2009.

Foi conferenciante, participou como relator en congresos sobre o exilio e sobre distintos escritores galegos. Organizou os congresos de Luís Seoane e Rafael Dieste. Colaborou en exposicións relacionadas co libro galego na Arxentina e coas biografías de Rafael Dieste e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Forma parte do consello editorial da Biblioteca del Exilio e do consello de redacción das revistas Citania, Cuadrante, Unión Libre. Ten publicado artigos en Boletín Galego de Literatura, Ínsula, Verba, A Trabe de Ouro, Grial, Zurgai e Serta.

Obra en galego

Ensaio e edicións

  • As coplas galegas do P. Sarmiento, 1982, Ediciós do Castro.
  • Antoloxía da poesía galega erótica e amatoria, 1988, Edicións do Castro, editor.
  • Descripción circunstanciada de la costa de Galicia..., de Xosé Cornide, 1991, Ediciós do Castro.
  • A poética de Manuel Antonio. Criterio. Edicións do Cumio. 1993. ISBN 978-84-87126-67-3. 
  • Manuel Antonio. Poesía galega completa. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco. 1993. ISBN 84-7824-142-6. 
  • A fiestra valdeira, de Rafael Dieste, 1994, IGAEM.
  • Rafael Dieste. Obra galega completa I e II, 1995, Galaxia.
  • Rafael Dieste. Ollar o mundo con sede adiviñadora, 1995, Espiral Maior.
  • Rafael Dieste, Obras Completas V. Epistolario, 1995.
  • A soldadeira, de Luís Seoane, Ediciós do Castro, 1996.
  • El barbero municipal, 2000, Edicións do Castro, edición facsimilar.
  • Manuel Antonio. A Nosa Memoria, 2000.
  • O exilio galego: mapa de cicatrices, 2003, Edicións do Castro.
  • A Academia no discurso exílico de Luís Seoane, 2004, Real Academia Galega, con resposta de Xesús Alonso Montero.
  • Catro poemas galegos: (unha homenaxe a Galicia), de Lorenzo Varela, 2004, Edicións do Castro.
  • Algunhas reflexións sobre o exilio e Lorenzo Varela, 2005, Edicións do Castro.
  • Manuel Antonio – Obra completa: Vol. I. Prosa. RAG e Fundación Barrié. 2012. ISBN 978-84-9752-063-8. 
  • Manuel Antonio – Obra completa: Vol. II. Poesía. RAG e Fundación Barrié. 2014. ISBN 978-84-9752-111-6. 
  • Manuel Antonio. Obra completa: Vol. III. Epistolario. RAG e Fundación Barrié. 2015. ISBN 978-84-9752-117-8. 
  • Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía. Vigo: Edicións Xerais. 2017. ISBN 978-84-9121-188-4. 

Obras colectivas

  • Luís Seoane: Unha fotobiografía 1910-1979, 1994, Xerais.
  • Luís Seoane e o libro galego na Arxentina (1937-1978), 1994, Deputación da Coruña, con Xavier Seoane.
  • A cultura e a creatividade galegas de cara ao ano 2000, 1995, Asociación Cultural Escola e Sociedade.
  • Rafael Dieste (1899-1981): unha fotobiografía, 1995, Xerais.
  • E. Fernández Sendón "Fersen". Memoria e antoloxía dun republicano galego (en colaboración con Uxío Bobillo), 1996.
  • Sesenta anos despois: os escritores do exilio republicano: actas do Congreso Internacional celebrado na Universidade de Santiago de Compostela, 16, 17 e 18 marzo de 1999, con Charo Portela Yáñez, 1999, Edicións do Castro.
  • Manuel Murguía. Vida e obra (en colaboración con Xosé Ramón Barreiro), 2000.
  • Cartas a Murguía I e II (en colaboración con Xosé Ramón Barreiro), 2003, Fundación Pedro Barrié de la Maza.
  • Lorenzo Varela. Fotobiografía, 2005, Xerais.
  • Manuel Lugrís Freire, o compromiso, 2006, La Voz de Galicia, con Xosé Ramón Barreiro.
  • Os símbolos de Galicia, 2007, Consello da Cultura Galega e Real Academia Galega.
  • A patria enteira: homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández, 2008, Universidade de Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega e Real Academia Galega. Edición con Emilio Grandío Seoane e Ramón Villares.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • Diccionario Seoane, 2010, Fundación Luís Seoane.
  • Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo, 2013, Academia Real Isaac Díaz Pardo.
  • No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal, 2015, Alvarellos.
  • Arredor das Irmandades da Fala, 2016, Xerais.

Obra en castelán

Edicións

  • Lorenzo Varela. Poesía Completa, 2000, Edicións do Castro.
  • Lorenzo Varela. Ensayos, conferencias y otros escritos, 2001, Edicións do Castro.

Obras colectivas

  • Cartas del Padre Sobreira a Gómez de Ortega y Cornide, en colaboración con José Luis Pensado), 1983, Edicións do Castro.
  • Epistolario, de Carmen Muñoz Manzano, en colaboración con Charo Portela Yáñez, 2005, Edicións do Castro.

Premios

  • Premio Sereo de Cultura Galega da Asociación Cultural Barbantia no 2009.
  • Premio Antón Losada Diéguez de investigación 2018 por Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía.

Notas

  1. "A Academia no discurso exílico de Luís Seoane". Real Academia Galega. 30 de outubro de 2004. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4. 
  • Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0. 
  • Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5. 
  • VV.AA. (2010-2011). Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 
  • "Axeitos Agrelo, Xosé Luís". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 248. 
  • VV.AA. (2005). Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8. 

Ligazóns externas


Predecesor:
Antonio Gil Merino
 Arquiveiro/Bibliotecario da RAG 
2005-2009
Sucesor:
Euloxio R. Ruibal
Predecesor:
Manuel González González
 Secretario da RAG 
2010-2013
Sucesor:
Henrique Monteagudo
The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 24 Jun 2020. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
comments so far.
Comments
Reference sources
References
http://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/view/179/180/606-1
https://www.cumio.com/libro/a-poetica-de-manuel-antonio_106/
https://fundacionbarrie.org/publicacions-detalle?671
https://fundacionbarrie.org/publicacions-detalle?714
https://fundacionbarrie.org/publicacions-detalle?734
https://www.xerais.gal/libro.php?id=4950801
http://www.realacademiagalega.org/plenario?p_p_id=ManageChairs_WAR_ragportal&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1&_ManageChairs_WAR_ragportal_action=showAcademic&_ManageChairs_WAR_ragportal_tableDate=1353174751302&id=21150
//www.worldcat.org/identities/containsVIAFID/64264519
https://viaf.org/viaf/64264519
arrow-left arrow-right arrow-up arrow-down instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube stumbleupon comments comments pandora gplay iheart tunein pandora gplay iheart tunein itunes