peoplepill id: xose-luis-allue-andrade
XLAA
Spain
1 views today
4 views this week
Xosé Luís Allué Andrade
Científico galego

Xosé Luís Allué Andrade

The basics

Quick Facts

Intro
Científico galego
From
Gender
Male
Place of birth
Monforte de Lemos
Age
92 years
The details (from wikipedia)

Biography

Xosé Luís Fernando Allué-Andrade y Ferreira, nado en Monforte de Lemos o 9 de setembro de 1931, é un científico, profesor e investigador galego.

Traxectoria

Estudou Ciencias Físicas e Enxeñería Técnica Forestal. Foi investigador científico no Instituto Nacional de Investigacións Agrarias, especialista en Fitoclimatoloxía e profesor de Silvicultura na Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Forestal. Foi secretario xeral da Sociedade Española para o estudo dos pastos, secretario da European Grassland Federation, subcoordinador nacional do programa de investigación de pastos e profesor de repoboacións na Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Forestal.

Dende a súa mocidade foi asiduo do grupo formado por Ramón Piñeiro, Celestino Fernández de la Vega, Ánxel Fole e Luís Pimentel.

Obra

Formulou tres modelos de análise fitoclimático e un método de diagnose, avaliación e prescrición ecoculturais, ademais do estudo monográfico dunhas oitenta especies pascícolas. Os seus estudos biolóxicos, ecolóxicos e climatolóxicos están recollidos en múltiples publicacións, entre as que destacan:

  • Aflorestation in arid zones.
  • Studes of botany, ecology, biology and pascicology of the principal existing especies in the spontaneous pasture grounds of our semiarid regions.
  • Problemas y expectativas de la investigación piscícola, 1982.
  • Atlas Fitoclimático de España, 1990.

En galego publicou artigos e poemas en Grial, participou nos volumes colectivos Paisaxe e cultura (1955), Homenaxe a Otero Pedrayo (1958), O noso sentimento da paisaxe (en colaboración con Cunqueiro, Bonet Correa e Otero Pedrayo), Cinco pezas pra cembalo, Vintasete murais pra Tino, O caso Grandio, Dicionario aproximado, Canciones callejeras y sentimentales, Sonata para un hombre solo e Liturxias pró Nadal.

Recoñecementos

  • Cruz do Mérito Agrícola.
  • Premio de Publicacións INIA.
  • Certificate of Apreciation Foreing Research and Technical Programs dos EE UU.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  •  
  • Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Xosé Luís Allué Andrade is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Xosé Luís Allué Andrade
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes