peoplepill id: xose-fernandez-neira
XFN
Spain
1 views today
1 views this week
Xosé Fernández Neira

Xosé Fernández Neira

The basics

Quick Facts

From
Gender
Male
Birth
The details (from wikipedia)

Biography

José Fernández y Neira, nado na Coruña en 1790, foi un escritor e militar galego.

Traxectoria

Foi secretario da Xunta Suprema do Reino de Galicia trala invasión francesa, foi adscrito á contadoría da Fábrica de Tabacos da Palloza da Coruña. Coa chegada dos franceses a Galicia converteuse en guerrilleiro, percorreu Galicia incitando os galegos á rebelión. Uniuse ao Marqués de la Romana na súa loita contra o exército francés. A súa primeira fazaña militar tivo como escenario a parroquia da Xesta (Lalín), onde se apoderou do correo diplomático que o gobernador interino de Santiago lle enviaba ao de Ourense, e entregoullo á Xunta subalterna de Monforte de Lemos. Ferido en campaña, incorporouse á administración galega, sendo destinado, en xuño de 1809, a administrar os hospitais da Torre, en Borraxeiros (Agolada) e o de Gaión, en Amoeiro, e en xullo volveu encargarse da contadoría da Fábrica de Tabacos da Palloza.

Liberal exaltado, exiliouse en 1814. Retornou en 1820 e a Xunta de Galicia encomendoulle comisións como a liquidación das rendas da Inquisición, ocupación das temporalidades do arcebispo por abandonar a diocese, ocupación e administración dos bens dos realistas fuxidos. En recompensa, a Xunta nomeouno oficial primeiro da Deputación da Coruña. En 1823 foi depurado e suspenso de emprego e soldo ata 1825, ano en que volveu ao seu posto na administración de facenda.

Obra

Proezas de Galicia (PDF).

Escribiu, como propaganda bélica, a primeira obra de autor coñecido en galego da época contemporánea, as Proezas de Galicia, explicadas bajo la conversación rústica de los dos compadres, Chinto y Mingote (1810), que foi reeditado por Andrés Martínez Salazar en 1893, con ilustracións de R. Navarro e U. González. Con esta obra perseguía a excitación dos galegos contra os galos, e dá por válidos e, mesmo merecentes de gabanza, toda clase de métodos de loita contra eles. Empregou un galego moi fluído e cheo de rexistros propios da lingua oral, con exclamacións, expresións populares, apelacións e cortes sintácticos.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Proezas de Galicia en Papés d'emprenta condenada II, 2012, Consello da Cultura Galega.
  •  
  • Vilanova Rodríguez, Alberto et al.; artigo "FERNÁNDEZ NEIRA, José" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
  • Entrada "Fernández Neira, Xosé", Dicionario biográfico de Galicia, T. 2, p. 77, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.

Outros artigos

  • Proezas de Galicia

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Xosé Fernández Neira is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Xosé Fernández Neira
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes