Quantcast
peoplepill id: xavier-vence
XV
1 views today
1 views this week
Xavier Vence

Xavier Vence Economist and university teacher

Economist and university teacher
Xavier Vence
The basics
Quick Facts
Intro Economist and university teacher
Is Economist Professor Educator Politician
From Spain
Type Academia Finance Politics
Gender male
Birth 13 January 1961, Rodeiro, Spain
Age: 59 years
Star sign CapricornCapricorn
Politics bloc nationaliste galicien
Family
Spouse: Alba Nogueira
Education
University of Santiago de Compostela
The details
Biography

Xavier Vence Deza, nado en Álceme (Rodeiro) o 19 de xaneiro de 1961, é un economista, escritor e político galego, portavoz nacional do BNG desde o 17 de marzo de 2013 ao 28 de febreiro de 2016. Membro correspondente da Real Academia Galega desde 2012 .

Traxectoria

Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, foi director do IDEGA entre 1991-95. Profesor convidado por diferentes universidades estranxeiras, ten formado parte de diversos comités de expertos de organismos internacionais. É coordinador do grupo de investigación ICEDE (Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento) da Universidade de Santiago e da Área de Economía do Seminario de Estudos Galegos.

Coordina a Rede REPENSeI (Regulación, Estratexias e Políticas para a Emerxencia de Novos Setores Innovadores), e é membro do consello de redacción de A Trabe de Ouro, así como do consello científico da Revista Galega de Economía e da Revista Principios. Colaborador habitual da revista Tempos Novos e noutros medios como a Radio Galega, Xornal de Galicia ou Sermos Galiza.

Na XIV Asemblea Nacional, celebrada o 17 de marzo de 2013, foi nomeado portavoz nacional do BNG. Cesou no cargo na XV Asemblea Nacional celebrada na Coruña o 28 de febreiro de 2016.


Predecesor:
Guillerme Vázquez
 
Portavoz Nacional do BNG
 
2013 – 2015
Sucesor:
Ana Pontón

Obra en galego

Ensaio

  • Capitalismo e desemprego en Galicia, 1986, Xerais.
  • Innovación e cambio tecnolóxico na industria, 1992.
  • O fracaso neoliberal na Galiza, 2005, A Nosa Terra.
  • Salarios e custo da vida, 2005.
  • Demanda de solo productivo en Galiza, 2007.
  • A situación actual do sistema galego de innovación, 2007.
  • Crise e radicalización neoliberal. As alternativas silenciadas, 2011, Laiovento.
  • Crise e fracaso da Unión Europea neoliberal. Unha alternativa soberanista e democrática, 2013, Fundación Galiza Sempre.

Obras colectivas

  • Informe sobre a pobreza en Galicia, 1995, Xunta de Galicia.
  • Industria e innovación. O sistema de innovación e a política tecnolóxica de Galicia, 1998, Xerais.
  • Galicia. Unha luz no Atlántico, 2001, Xerais.
  • Tempos de sermos, 2003, Universidade de Vigo.
  • 15-M: O pobo indignado, 2011, Laiovento.
  • Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, 2011, Galaxia.
  • O nacionalismo e a Unión Europea, en A ollada exterior do nacionalismo galego, 2011, Fundación Galiza Sempre.
  • Tempos chegados? Sobre o futuro político de Galiza, 2015, Galaxia.

Obra en castelán

Ensaio

  • Economía de la innovación y del cambio tecnológico, 1995, Siglo XXI, Madrid.

Obras colectivas

  • Política tecnológica comunitaria y cohesión regional, 1998, Civitas.
  • La Unión Europea y crisis del estado de bienestar, 1998, Síntesis. Con Xosé Luis Outes Ruso.
  • Sistemas regionales de innovación, 2001.
  • Innovación en la sociedad del conocimiento, 2005.
  • Radiografía de la investigación pública en España, 2006.
  • Tecnología, conocimiento y territorio, 2006.
  • Crecimiento y políticas de innovación, 2007.
  • Construir el futuro de la Universidad Pública, 2010.

Obra en inglés

Ensaio

  • Wealth from diversity, 1996, Kluwer.

Obras colectivas

  • Integration and global corporate strategies, 2001, Routledge.
  • Global and national cooperation in service innovation, en The handbook of innovation and services, 2010.

Obra en francés

Obras colectivas

  • L’emploi en Espagne, 1991.
  • Innovations, territoires et politiques publiques, 1996, L’Harmatan.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Carballa, Xan (2014). Temos dereito a un futuro distinto. Conversas con Xavier Vence. Engaiolarte Edicións. 

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 24 Jun 2020. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
comments so far.
Comments
Reference sources
References
https://academia.gal/plenario?p_p_id=ManageChairs_WAR_ragportal&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1&_ManageChairs_WAR_ragportal_action=listNoAcademic&_ManageChairs_WAR_ragportal_tableDate=1319528574106
http://praza.com/politica/3888/vence-colle-o-temon-do-bng-para-recuperar-o-pulso-e-procurar-un-estado-propio/
http://xaviervence.blogspot.com/
https://web.archive.org/web/20080618181049/http://www.xerais.es/cgi-bin/html_generados/aut_ilus_201655_44.pl
http://dialnet.unirioja.es/servlet/extaut?codigo=135917
//www.worldcat.org/identities/containsVIAFID/63034077
https://viaf.org/viaf/63034077
http://datos.bne.es/resource/XX914498
https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=135917
arrow-left arrow-right arrow-up arrow-down instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube stumbleupon comments comments pandora gplay iheart tunein pandora gplay iheart tunein itunes