Quantcast
peoplepill id: xan-viano
XV
1 views today
4 views this week
Xan Viaño
The basics

Quick Facts

From Spain
Gender male
Birth 11 December 1960
Death 26 March 1991 (aged 30 years)
The details (from wikipedia)

Biography

Xoán Alfonso Viaño Martínez, máis coñecido como Xan Viaño, nado o 11 de decembro de 1960 en Ferrol e finado o 26 de marzo de 1991 en Vigo, foi un compositor galego.

Traxectoria

Xan Viaño naceu en Ferrol, onde comezou os seus estudos de música, continuándoos nos conservatorios da Coruña e Santiago de Compostela. En 1982 licenciouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.

En 1985 asistiu ao II Curso de Música Electrónica no Gabinete do Conservatorio de Cuenca con Horacio Vaggione, ao curso de Composición de Vilafranca do Bierzo, ao I Campo Internacional de Composición impartido por Cristóbal Halffter, Tomás Marco e Carmelo Bernaola, e participou no curso de música electroacústica impartido por Daniel Teruggi en Viana do Castelo (Portugal). En 1986 asistiu ao curso de verán Manuel de Falla en Granada cos mestres Donatoni e Josep Soler, así como aos seminarios realizados en Santiago de Compostela por Luis de Pablo, Tomás Marco, Jorge Peixinho, Álvaro Salazar e José Luis Temes. No verán de 1988 participou no curso de composición impartido por Franz Hummel nos Internationales Jugendfetspieltreffen en Bayreuth (Alemaña).

Morreu en 1991, e como homenaxe póstuma, o Coro Universitario de Santiago de Compostela e a Orquestra da Coruña interpretaron a Misa de Réquiem de Mozart na Concatedral de San Xiao de Ferrol baixo a batuta de Maximino Zumalave. O seu legado compositivo, nun principio depositado no Conservatorio de Vigo, foi trasladado ao Conservatorio de Ferrol cando este tomou o nome do compositor.

Obra

Título Data Formación Localización Outros
Abbiamo fatto un bagno 1989 Fantasía para orquestra. Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol (A Coruña).
Cantata sobre Paul Éluart Catro voces (contralto, tenor, barítono, baixo) e fagot. Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol (A Coruña). Texto de Paul Éluart.
Cuarteto de corda 1977 Cuarteto de corda (dous violíns, viola e violonchelo). Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol e Biblioteca da Fundación Juan March (Madrid).
Cuatro canciones sobre 'El Cementerio Marino' 1988 Soprano e piano. Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol (A Coruña). Texto de Paul Valéry.
El manantial 1979 Tres voces (soprano, contralto e barítono). Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol (A Coruña).
In memoriam G.C. Op. 4 1987 Dúas trompetas, dúas trompas, dous trombóns e tuba. Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol (A Coruña).
Katarsis para orquesta, cuatro conjuntos de cámara y coro. (Xogos ferroláns) 1980-81 Coro de voces brancas, coro mixto, conxunto de cámara 1 (violín, frauta e óboe), conxunto de cámara 2 (trompa e clarinete baixo), conxunto de cámara 3 (violonchelo, contrabaixo e contrafagot), conxunto de cámara 4 (celesta, xilófono, gong, pratos, tam-tam e timbais cromáticos), e orquestra. Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol (A Coruña) e Biblioteca da Fundación Juan March (Madrid).
La nuit froide et sombre 1989 Coro mixto, frauta, óboe, fagot, dous violíns, viola, violonchelo, contrabaixo e piano Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol (A Coruña). Sobre unha canción de Orlando de Lasso
Los cisnes del lago Ontario 1985 Sintetizador analóxico. Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol (A Coruña) e Biblioteca da Fundación Juan March (Madrid).
Metamorfosis 1985 Órgano. Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol (A Coruña) e Biblioteca da Fundación Juan March (Madrid). Editorial: Real Musical.
Homenaxe a Manuel Rivera.
Movimiento de cuarteto 'Quand su lábime un soleil se repose…' 1988 Cuarteto de corda (dous violíns, viola e violonchelo). Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol (A Coruña). Texto de Paul Valéry.
Músicas nocturnas ('A Luis y Enrique') 1985 Frauta, trompa, violonchelo, arpa e piano. Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol (A Coruña) e Biblioteca da Fundación Juan March (Madrid).
Nocturnalia I 1985 Tres voces (contratenor, tenor e baixo). Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol (A Coruña).
Nubes Brancas ('Erwartung, A. Schönberg') 1990 Orquestra de corda. Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol (A Coruña).
Nubes Negras 1990 Orquestra de corda. Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol (A Coruña). Incompleta.
Obertura para diez instrumentos 1979 Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol (A Coruña).
Obertura para diez instrumentos 1979 Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol (A Coruña).
Preludio y Postludio a cabalum 1986 Voz (barítono), frauta, trompa, viola, violonchelo e piano. Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol (A Coruña) e Biblioteca da Fundación Juan March (Madrid). Editorial: FUNDACIÓN JUAN MARCH Ed., Madrid, 1987
Septeto suízo 1978 Dous violíns, viola, violonchelo, frauta, óboe, clarinete e trompa. Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol (A Coruña) e Biblioteca da Fundación Juan March (Madrid).
Solo 1989 Violonchelo. Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol (A Coruña). Variacións para violonchelo so.
Suite para dos conjuntos instrumentales 1979 Conxunto instrumental A (dous violíns, viola, dous violonchelos e contrabaixo), conxunto instrumental B (frauta, frautín, óboe, clarinete, fagot e trompa) Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol (A Coruña) e Biblioteca da Fundación Juan March (Madrid).
Transparencias 1985 Dous violonchelos. Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol (A Coruña).
Viaxes ás estrelas 1990 Orquestra de corda. Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol (A Coruña). Incompleta.
Vinea mea electa (motete) 1979 Coro mixto. Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol (A Coruña).
Visións serias 1989 Piano. Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol (A Coruña). Editorial: AGC e USC, Santiago de Compostela, 1994.
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Sections Xan Viaño

arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes