peoplepill id: wenceslao-calvo-garra
WCG
Spain
1 views today
2 views this week
Wenceslao Calvo Garra

Wenceslao Calvo Garra

The basics

Quick Facts

From
Gender
Male
Birth
Death
25 May 2003 (aged 82 years)
Age
82 years
The details (from wikipedia)

Biography

Wenceslao Calvo Garra nado en Lalín en 1921 e finado en Ulm o 25 de maio de 2003, foi un médico galego.

Traxectoria

Estudou medicina na Universidade de Valencia, onde traballou como profesor ao cargo das prácticas de anatomía patolóxica. Foi investigador no Instituto Ramón y Cajal, e cunha bolsa do Consello Superior de Investigacións Científicas continuou os seu estudos na cidade de Lisboa. Mais tarde repetiu experiencia cunha bolsa de estudos da Fundación Rockefeller para o Instituto Neurolóxico de Montreal.

Grazas a un traballo de neurofisioloxía obtivo o Premio Ramón y Cajal de Investigación Científica en 1950. No ano 1952 dirixiu a construción do palencefalógrafo, instrumento que permitía, mediante impulsos eléctricos, o estudo dos tumores cerebrais.

En 1965 trasládase á cidade alemá de Friburgo onde leva a cabo traballos sobre rexeneración da medula ósea destruída por radiacións nucleares. Posteriormente trasladase á Universidade de Ulm, onde consegue illar as células sanguíneo-formadoras as chamadas células tronco, células nai das células sanguíneas.

En Ulm estuda os efectos da radiación atómica de Hiroshima e Nagasaki, e viaxa a Rusia para estudar os efectos da radiación da central nuclear de Chernobil. Nesta liña investigadora estaba no camiño de conseguir a fabricación do sangue artificial para transfusións necesarias en caso de transplantes de órganos.

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Wenceslao Calvo Garra is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Wenceslao Calvo Garra
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes