Quick Facts
Intro | Spanish politician |
Is | Politician |
From | Spain |
Field | Politics |
Gender | male |
Biography
Vicente Quiroga Rodríguez é un político galego de tendencia conservadora e aparellador de profesión.
Traxectoria
Foi alcalde de Lugo durante dous mandatos, entre 1983 e 1991, primeiramente fora elixido nas filas da Coalición Popular e a continuación, tras problemas coa súa formación, pasou a formar parte de Coalición Progresista Galega. Quiroga compartiu corporacións municipais, entre outros concelleiros, con Alfredo Mosteirín, Aniceto Codesal, Julio Ulloa Vence, Francisco Cacharro ou Manuel Varela Flores.
Na súa etapa de goberno municipal construíronse os dous aparcadoiros subterráneos do centro histórico e o da Praza da Constitución en Lugo.
No ano 1996 foi condenado por falsidade en documento mercantil. Tras diversos recursos esta condena converteuse en firme e mesmo o Tribunal Constitucional confirmou dita sentenza.
Predecesor: Xosé Novo Freire |
![]() alcalde de Lugo 1983 - 1991 |
Sucesor: Tomás Notario Vacas |
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
- Eleccións municipais en Lugo
