peoplepill id: valeriano-villanueva
VV
Spain
1 views today
9 views this week
Valeriano Villanueva

Valeriano Villanueva

The basics

Quick Facts

From
Gender
Male
Birth
Age
78 years
The details (from wikipedia)

Biography

Valeriano Villanueva Rodríguez, nado en Pontedeume en 1865 e finado en Santiago de Compostela o 4 de abril de 1943, foi un militar e estudoso da agricultura galego.

Traxectoria

Estudou Leis en Santiago, ingresando posteriormente no Corpo Xurídico militar onde chegou a ter o grao de xeneral e ostentar a fiscalía do Consello Supremo de Guerra e Mariña.

En 1918 foi proposto, sen éxito, para presentarse ás eleccións a Cortes polo distrito electoral de Pontedeume en representación do movemento agrarista.

Porén, a súa verdadeira paixón foi a agricultura, aplicando as novas técnicas e coñecementos agrícolas na súa granxa de Pontedeume. Publicou numerosos artigos de divulgación sobre cuestións agrícolas, gandeiras e de economía rural nos xornais El Eume, La Verdad, La Voz de Galicia e a revista coruñesa Prácticas Modernas, firmando co pseudónimo Un labrador a la moderna sacado do título dun libro que escribiu. Redactou a parte de Agricultura da Geografía de Galicia editada pola Casa Martín de Barcelona.

Na cuarta Semana Social celebrada en Santiago en 1909 pronunciou tres conferencias co título Organización do cultivo e da gandeiría nas rexións de pequena propiedade do norte e o noroeste de España que se recolleron nun folleto e constitúen unha síntese do problema agropecuario na rexión.

Nun concurso aberto convocado pola Casa de Galicia en Madrid en 1917 acadou o premio pola voluminosa obra de título Medios prácticos máis eficaces de impulsar o progreso material e moral de Galicia e de conservar as virtudes e de corrixir os defetos dos seus fillos.

Deixou rematado un estudo sobre economía social que custodiou o seu fillo, o catedrático da Facultade de Medicina de Santiago, Ulpiano Villanueva de Castro.

En 1984 a súa obra foi recompilada por J. A. Durán co título Organización do cultivo e da sociedade agraria en Galicia e na España Atlántica.

A proposta do grupo municipal do BNG, o concello de Pontedeume bautizou unha rúa co seu nome en 2000.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Antonio Couceiro Freijomil: Historia de Pontedeume e a súa comarca. Ed. Xunta de Galicia, 4ª ed. (1995), páx. 342. ISBN 84-453-1437-8

Ligazóns externas

  • Biografía no artigo Nombres ilustres en las calles, plazas y jardines de Pontedeume de Carlos de Castro Álvarez no nº 11 (2004) da revista Cátedra, páxs 54-55. ISSN 1133-9608]
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Valeriano Villanueva is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Valeriano Villanueva
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes