Quick Facts
Intro | Artista galego | |
Is | Musician Singer | |
From | Spain | |
Type | Music | |
Gender | male | |
Birth | 27 November 1969, Castiñeiras, Ribeira, Spain | |
Age | 51 years | |
Star sign | Sagittarius | |
Genre: |
|
|
Peoplepill ID | tonhito-de-poi |
Biography
Antón Axeitos Ares, máis coñecido como Tonhito de Poi, nado en Castiñeiras (Ribeira) o 27 de novembro de 1969, é un artista polifacético galego.
Traxectoria
Heredeiros da Crus
Foi patrón maior de barco, traballando no mar durante cinco anos até que se dedicou á música. En 1992 xuntou a varios mozos da contorna para crear Heredeiros da Crus. Comezaron ensaiando nun galiñeiro e ese mesmo ano deron o seu primeiro concerto na festa da Dorna. En 1994 gravaron o seu primeiro disco, A cuadrilla de Pepa a loba. Durante os dez anos seguintes gravaron sete discos máis e deron concertos por toda Galicia e fóra dela, converténdose nunha banda referente do rock galego e en galego.
Separación e novos proxectos
En 2005, os membros de Heredeiros separáronse, despois de que Tonhito anunciara que deixaba a banda. Xunto a outros músicos portugueses, creou outro grupo, A Banda de Poi, coa que sacou un disco: Mór. Tras numerosos problemas o grupo disolveuse pouco despois. En 2007 emprendeu un novo proxecto con Tonecho España, Poni e Hugo Machado, estes dous últimos portugueses, chamado Tonhito de Poi e Rasa Loba. Con este grupo sacou un disco: Instinto.
Regreso dos Heredeiros
En 2012, os Heredeiros da Crus anunciaron a súa reunión para un concerto en Ordes, na discoteca LP-45. As 3.500 entradas esgotáronse en 48 horas e o concerto foi un gran éxito, polo que o que ía ser un único concerto de reunión acabou por converterse nunha xira e na volta definitiva da banda, que continúa en activo. Publicaron dous novos discos e xiraron de novo por toda Galicia e fóra dela (Madrid, Barcelona, Bilbao ou Ponferrada foron algúns dos lugares onde actuaron).
Ademais, paralelamente aos Heredeiros, Tonhito sacou en 2013 un libro-disco en solitario titulado O soro da verdade, que recolle as súas vivencias durante a viaxe que realizou ás selvas da Amazonía. Sobre esta viaxe tamén realizou un documental, O Despertar da Anaconda. Tamén en 2013 volveu retomar a A Banda de Poi, para unha serie de concertos, pero con nova formación, manténdose el só dos membros da primeira etapa. Acompañárono esta vez Pulpiño Viascón, Quique Otero e Pablo Pérez.
En 2019, publicou un novo libro-disco en solitario, que ten por título Non hai onde esconderse, con colaboracións de Cuchús Pimentel, Rubén Reinaldo e Lucía Pérez.
Radio e televisión
Fóra da música, Tonhito tamén se adicou a outros ámbitos do espectáculo, como a radio e a televisión. Traballa na Radio Galega dende 1995 e como actor, foi o encargado de encarnar a Xan Rei na serie Rías Baixas, da TVG. Tamén participou no programa Con perdón, e foi guionista do famoso Show dos Tonechos, así como de Land Rober. Fundou a súa propia produtora, 'Cabezas Quentes', e tivo unha pequena participación no programa Entre familias anda o xogo, presentado por Roberto Vilar. Tamén tivo unha pequena aparición na serie Pratos combinados así como nos filmes Entre bateas e Agallas.
Discografía
Con Heredeiros da Crus
- A cuadrilla de Pepa a loba (1994)
- ¡¡Está que te cajas!! (1995)
- Criatura (1997)
- Des Minutos (1997)
- Erecsiones munisipales (1999)
- All Right Chicago (2000)
- Recambios Tucho (2001)
- Chicarrón (2004)
- Heredeiros da Crus - 20 aniversario (2012)
- Jard rock con fe (2013)
- Derretidos (2019)
Con A Banda de Poi
- Mór (2005)
Con Tonhito de poi e Rasa Loba
- Instinto (2008)
En solitario
- O soro da verdade (2013)
- Non hai onde esconderse (2019)
Filmografía
Series de TV
- Pratos combinados (1996) - El mesmo. 1 episodio (Noite de rock)
- Rías Baixas (2000) - Xan.
Cine
- Entre bateas (2002) - Nando
- Agallas (2009) - Rockeiro do autobús
Notas
- ↑ Díaz Ageitos, A. (2018). Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. p. 191. ISBN 9788491214304.
- ↑ "Tonhito de Poi deja Heredeiros da Crus para crear su grupo". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de marzo de 2005. Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ "Tonhito de Poi faise de 'rasa loba'". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de outubro de 2007. Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ http://www.myspace.com/rasaloba
- ↑ "Vidas paralelas en la música y en el sector audiovisual". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de maio de 2009. Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ "«O disco 'Instinto' está gravado en analóxico e é unha volta ás orixes»". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de agosto de 2008. Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ "Heredeiros da Crus vuelven a los escenarios por su 20 aniversario". El Mundo (en castelán). 19 de xaneiro de 2012. Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ "El ‘jran día’ de Heredeiros". El País (en castelán). 2 de marzo de 2012. Consultado o 11 de outubro de 2019.
- ↑ "Os Heredeiros da Crus volven aos escenarios para celebrar o seu 20 aniversario". 20 de xaneiro de 2012. Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ "Heredeiros da Crus visitarán Bilbao, Barcelona, Madrid e Ponferrada en febreiro". Galicia Confidencial. 12 de xaneiro de 2017. Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ "O DESCUBRIMENTO DA AMAZONÍA". Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ "A Banda de Poi regresa cun salto internacionalista e música 'chamánica'". Sermos Galiza. 14 de setembro de 2013. Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ "Tonhito de Poi comparte a súa experiencia amazónica en 'Non hai onde esconderse'". 4 de febreiro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ "Presentación novo disco". www.tonhitodepoi.gal. Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ "Tonhito de Poi (Heredeiros da Crus): “Estamos todos emocionados por volver a Vigo”". Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ "La alternativa al fútbol de TVG". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de novembro de 2009. Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ "Filmografía de Tonhito de Poi". IMDb (en inglés). Consultado o 14 de outubro de 2019.
Véxase tamén
- Heredeiros da Crus
- A Banda de Poi
- Tonhito de Poi e Rasa Loba