peoplepill id: tomas-abeigon-pazos
TAP
Spain
1 views today
1 views this week
Tomás Abeigón Pazos
Spanish politician

Tomás Abeigón Pazos

The basics

Quick Facts

Intro
Spanish politician
From
Work field
Gender
Male
Star sign
CapricornCapricorn
Birth
28 December 1896, Pontevedra, Pontevedra Province, Galicia, Spain
Death
19 March 1975 (aged 78 years)
Age
78 years
Education
University of Santiago de Compostela,
The details (from wikipedia)

Biography

Tomás Jesús Juan Abeigón Pazos, nado en Pontevedra o 28 de decembro de 1896 e finado en Madrid o 19 de marzo de 1975, foi un médico e político galego.

Traxectoria

Foi fillo de Jesús Abeigón Blanco, oficial da Deputación de Pontevedra, finado o 3 de outubro de 1912 tras unha longa enfermidade (á súa vez fillo de Tomás Abeigón, oficial do Goberno Civil de Pontevedra, finado o 29 de maio de 1909) e Florentina Pazos Espez. Casou con María Elena Muíños Lima e tivo catro fillos: Tomás, Elena (finada aos 5 anos), Cristina e Francisco.

Profesional

En 1922 licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, e obtivo o doutoramento o mesmo ano coa nota de sobresaínte. Ao seu regreso a Pontevedra despois de ampliar os seus estudos sobre uroloxía, en outubro de 1923 estableceuse no nº 19 da rúa César Boente, domicilio familiar no que finou o seu padre e onde seguiu vivindo coa súa nai varios anos mais.

En decembro de 1924 gañou a praza de médico especialista de Uroloxía e Pel na Policlínica do Hospital de Pontevedra. Desde 1927 foi profesor de Educación Física, primeiro como suplente e logo como titular no Instituto de Pontevedra, onde coincidiu con Castelao, Antonio Losada Diéguez e José Filgueira Valverde entre outros.

Gañou a praza de Bacteriólogo do Laboratorio municipal de Pontevedra en 1934. En maio de 1940 foi nomeado médico de beneficencia pola Xefatura Provincial de Sanidade en substitución de Manuel González, que pedira excedencia para opositar.

Política

Protagonista da vida política local de Pontevedra, foi candidato monárquico nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 con Celso López Blanco (médico), Plácido García González (comerciante), Víctor Lis Quibén (médico), Peregrino Fariña Otuna (mariñeiro), Ramón Segura de la Garmilla (Profesor da Normal), José Paz Vidal (industrial) e Francisco Rodríguez Arrunãda (Procurador e corredor de comercio).

O 25 de decembro de 1931 participou no acto de fundación do partido Unión Regional de Derechas celebrado no Teatro Principal de Pontevedra. Foi nomeado vicepresidente da xunta directiva, da que tamén formaron parte José Cividanes coma presidente e Víctor Lis Quibén coma secretario.. No 1932 a URD Pontevedresa integrouse no partido Acción Popular, que máis adiante pasou a ser membro da alianza de partidos que representou a Confederación Española de Derechas Autónomas.

Como representante do Concello foi vocal do Consello Local do Primeiro Ensino dende agosto de 1931, cargo no que permaneceu ata a súa renuncia como concelleiro o 10 de febreiro de 1934. En 1935 o Partido Agrario Español comezou unha campaña de expansión en Galicia na que participou activamente.

O 8 de xaneiro de 1936 foi elixido alcalde de Pontevedra, permanecendo no cargo ata febreiro dese ano. Logo de gañar as eleccións xerais a Fronte Popular o 16 de febreiro de 1936 restituíuse a corporación elixida no 12 de abril de 1931, na que estaba de alcalde Bibiano Fernández Osorio-Tafall que logo de marchar a Madrid, ao ser nomeado Subsecretario de Traballo, foi substituído polo comunista Manuel García Filgueira.

En maio do 1936 acudiu como representante do Partido Agrario Español á reunión convocada polo Presidente da Deputación de Pontevedra, Maximiliano Pérez Prego, para tratar o plebiscito do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936. Alí manifestou a súa postura de non pronunciarse a favor da autonomía sen consultar antes co seu partido.

Tralo alzamento nacional pertenceu á Garda Cívica. En 1937, no marco da guerra civil española, foi asimilado a alférez médico xunto a outros médicos civís, como os tamén pontevedreses Evaristo e Enrique Vázquez Lescaille. En novembro de 1937 foi destinado ás forzas de asalto de Bilbao, polo que se lle concedeu excedencia coma médico bacteriólogo de Pontevedra. En novembro de 1938 foi ascendido a Tenente Médico.

En 1945 concedéuselle o Ingreso na escala honorífica do Corpo de Sanidade, co grao de Tenente. Foi nomeado Xefe da Obra Sindical 18 de Xullo en Pontevedra, vogal da Comisión Provincial de Servizos Técnicos en 1956, vicepresidente da Asemblea Provincial da Cruz Vermella en 1958 e Xefe Local de Sanidade en 1963.

Social

Nas décadas do 1920 e 1930 pertenceu ao Club Karepas. Foi Presidente do Recreo de Artesáns nos anos 1929-1930.

En 1931 foi nomeado Presidente da sociedade de recreo Liceo Casino de Pontevedra, cargo no que repetiu no ano 1941 e tamén no período 1949-1952. Pertenceu á confraría da Virxe do Carme de San Bartolomeu. O 4 de decembro de 1932 foi elixido Presidente da Congregación de San Roque, cargo no que se mantivo ata 1956..

Obra

  • Tese de doutoramento: Contribución al estudio del diagnóstico de la tuberculosis renal, publicada no 1923. Despois de defender ante o Tribunal da Facultade de Medicina da Universidade Central en Madrid sendo o seu Presidente Enrique Suñer o 7 de xuño de 1922 é cualificada en 26 de xuño daquel ano Sobresaínte. Na mesma introdución á tese dedicoulla ao Profesor da Facultade de Medicina, tamén na Universidade Central, Leonardo de la Peña Díaz por inspirala.


Predecesor:
Vicente Quintá Somoza
 
Alcalde de Pontevedra
 
1936
Sucesor:
Bibiano Fernández Osorio-Tafall

Notas

  1. Reg.Civil Pontevedra, insc. do 30 de decembro de 1896, folla 346.
  2. Necrolóxica en ABC, 1 de abriil de 1975.
  3. La Correspondencia Gallega nº 6776, 8 de outubro de 1912.
  4. Diario de Vigo, 20-9-1923
  5. El Pueblo Gallego, 3-12-1924.
  6. El Compostelano, 1938.
  7. El País, 13-3-1934.
  8. El Pueblo Gallego, 28 de maio de 1940.
  9. El Progreso, 5-4-1931, p. 1.
  10. El Pueblo Gallego, 27-12-1931.
  11. La Libertad, 6-8-1931
  12. El País, 20-3-1934.
  13. El Pueblo Gallego, 30 de abril de 1935.
  14. Fortes, Xosé (1993). Historia de la ciudad de Pontevedra, páxina 757.
  15. El Pueblo Gallego, 28 de maio de 1936.
  16. El Pueblo Gallego, 25 de frebreiro de 1937
  17. Resolución do Xeneral Xefe o Coronel do Estado Maior Federico Muntaner, datada en Burgos o 12 de febreiro de 1937 e publicada no BOE o 4 de marzo de 1937.
  18. Diario de Pontevedra, 5 de novembro de 1937.
  19. El Pueblo Gallego, 8 de novembro de 1938.
  20. El Pueblo Gallego, 2 de marzo de 1945
  21. El Pueblo Gallego, 4 de marzo de 1948
  22. La Noche, 8 de decembro de 1956
  23. El Pueblo Gallego, 5 de xuño de 1958
  24. El Pueblo Gallego, 7 de maio de 1963
  25. Landín Carrasco, R. (1986): Pontevedra de aquella. Deputación Provincial de Pontevedra.
  26. El Progeso, 20 de decembro de 1929 e 4 de setembro de 1930.
  27. Diario de Pontevedra, 15 de xullo de 1937.
  28. El Progreso, 6 de decembro de 1932
  29. El Progreso, 17 de agosto de 1956
  30. Tese de doutoramento de Tomás Abeigón Pazos. Ed. 1923

Véxase tamén

Ligazóns externas

Information provided by PeoplePill users
By Tomás Manuel Abeigón Vidal on 10 Mar 2020, 01:21 pm
Tomás Abeigón Pazos fue un médico y político pontevedrés que sintió, siendo muy joven, una profunda vocación de ayuda a los demás, encauzando esta hacia el estudio de las enfermedades epidémicas, una de las cuales había terminado prematuramente con la existencia de su padre. Su vida se desarrolló a caballo entre tres regímenes políticos: la Restauración monárquica, la Segunda República y una larga dictadura. Realizó la carrera de Medicina en la Universidad Compostelana, doctorándose brillantemente por la Universidad Central de Madrid, siendo además ayudante de la primera Cátedra de Urología existente en España. En el ámbito de la política local tuvo un gran protagonismo, siendo concejal y jefe de la minoría monárquica en el Ayuntamiento de Pontevedra, donde participó en varias comisiones municipales. Superada la primera etapa republicana, se incorporó al Partido Agrario Español, siendo uno de sus máximos exponentes en la ciudad bajo la dirección de Prudencio Landín Tobío. Fruto del prestigio obtenido en su acción política, en la que siempre mantuvo un talante dialogante y conciliador, fue propuesto para el cargo de alcalde, desempeñando el mismo en un corto período de tiempo en el que desarrolló, no obstante, una intensa actividad política en defensa de los intereses de la ciudad. Su vocación por la enseñanza le llevó a ser profesor del Instituto de Pontevedra, formando parte de su cuadro docente, en el que coincidió con algunos ilustres protagonistas de la vida local como fueron Alfonso Rodríguez Castelao, José Filgueira Valverde o Bibiano Fernández-Tafall Osorio. Ocupó varios cargos en la Administración Pública local, siempre relacionados con su actividad profesional, destacando su labor como jefe local de la Obra Sindical 18 de Julio, entidad predecesora de la actual Seguridad Social. El doctor Tomás Abeigón Pazos gozó de gran reconocimiento y afecto por parte de todos aquellos que le conocieron, «sin distinción de clases ni banderas».
The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 07 Jul 2020. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Tomás Abeigón Pazos is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Reference sources
References
Tomás Abeigón Pazos
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes