peoplepill id: santiago-basanta-silva
SBS
Spain
1 views today
1 views this week
Santiago Basanta Silva
Spanish lawyer

Santiago Basanta Silva

The basics

Quick Facts

Intro
Spanish lawyer
From
Work field
Gender
Male
Place of birth
Vilalba, Spain
Place of death
Madrid, Spain
Age
76 years
The details (from wikipedia)

Biography

Santiago Basanta Silva, nado en Vilalba o 10 de xaneiro de 1899 e finado en Madrid o 30 de decembro de 1974, foi un avogado e xurisconsulto galego.

Traxectoria

Foi fillo de Andrés Basanta Olano (fillo á súa vez do avogado Francisco Basanta Cornide, de Outeiro, Castro de Rei, e da vilalbesa Carmen Olano Silva) e de Concepción Silva Posada, de Mondoñedo, filla do avogado Eugenio Silva Villaronte e de Dominica Posada Villapol. Logo de facer Bacharelato no Instituto de Lugo, estudou Dereito na Universidade Central por libre, e en 1921 aprobou as oposicións ao corpo de avogados do estado. Foi destinado ás Delegacións de Facenda de Girona, Palencia, Segovia, Ávila, Alacant, Lugo e Madrid. En 1925 foi destinado á asesoría xurídica do Ministerio da Gobernación, e en 1934 á do Ministerio de Traballo, Sanidad e Previsión. En 1937 destinárono ao Goberno Xeral do Estado, en 1938 pasou ao Servizo Nacional do Contencioso e en 1939 á asesoría xurídica da Dirección Xeral do Timbre e Monopolios.

En 1942 foi nomeado subdirector 3.º do Contencioso e xefe da Sección do Consultivo, pasando posteriormente a ser subdirector 1.º. En 1945 foi nomeado conselleiro e vicepresidente 2º de Tabacalera SA, cargo que ocupou até 1968. Entre 1951 e 1957 foi subsecretario de Facienda, amais de presidente da Comisión de Presupostos das Cortes Españolas. COn este cargo interviu ante o pleno para defender ditames de leis, como a do Timbre do Estado de 1955, a de Protección á Mariña Mercante de 1956 e diversas modificacións tributarias e orzamentarias. Retomou o posto de avogado do Estado na asesoría xurídica do Ministerio da Vivenda. Foi o número 1 do seu escalafón até febreiro de 1968, cando pasou á situación de supernumerario. O día 15 dese mes foi nomeado conselleiro permanente de Estado e presidente da sección Quinta de Facenda.

Ocupou a presidencia da Asociación Española de Dereito Financeiro, e formou parte do consello de administración da International Fiscal Association, con sede en Ámsterdan. Foi membro do Instituto Internacional de Facenda Pública, con sede en Sarrebruken, e presidiu o Padroado do Centro de Estudos Tributarios e Económicos. Foi vogal do Instituto de Estudos Fiscais, e interviu nos Congresos de Knoke Zutte, Basilea, Hamburgo, París, Atenas, Budapest, Londres, Estocolmo e Montevideo, así como nas Xornadas luso-hispano-americanas de Estudos Tributarios de Coímbra, Santiago de Compostela e Río de Xaneiro. En 1952 representou o Estado no Congreso Internacional de Tribunais de Contas, celebrado na Habana.

Tamén tivo cargos na banca e a industria privada, como o de secretario xeral do Banco de Crédito Local e conselleiro de La Maquinista Terrestre y Marítima, Fefasa, Inquitex, Electrólisis del cobre ou Química de Bayas entre outras empresas. Morreu por mor dunha embolia, e foi soterrado no cemiterio de La Almudena de Madrid.

Recoñecementos

O 5 de xullo de 1972 leu o seu discurso de investidura como membro da Real Academia Española de Xurisprudencia e Lexislación, en substitución de Jesús Marañón Ruíz Zorrilla. O seu discurso, La tributación sobre la tierra y su función social, foi contestado por José Larraz López. Foi nomeado Cabaleiro Gran Cruz das ordes do Mérito Civil, Cardenal Cisneros e Isabel la Católica.

Fillo predilecto de Vilalba e socio de honra do Rácing Club Vilalbés, na súa vila natal levan o seu nome unha ría e o IES Santiago Basanta Silva.

Notas

  1. Heraldo de Villalba, 16 de xullo de 1916.
  2. Heraldo de Villalba, 22 de xullo de 1921.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Control de autoridades
Control de autoridades
The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 07 Jan 2020. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Santiago Basanta Silva is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Reference sources
References
Santiago Basanta Silva
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes