Quantcast
peoplepill id: rogelio-arca-rivas
RAR
1 views today
1 views this week
Rogelio Arca Rivas

Rogelio Arca Rivas

The basics
Quick Facts
From Spain
Gender male
Birth 1913
Death 6 November 2010 (aged 97 years)
The details
Biography

Rogelio Arca Rivas, nado en Cerdedo-Cotobade en 1913 e finado no mesmo concello o 6 de novembro de 2010, foi un canteiro e miliciano anarquista galego.

Traxectoria

Foi fillo de Francisco Arca Valiñas, agricultor do lugar de Deán e militante da CNT. En marzo de 1936 marchou a Madrid cun grupo de canteiros, albaneis, mamposteirs e carpinteiros da Terra de Montes. Nas semanas previas ao Alzamento Nacional participou na folga da construción, como afiliado do Sindicato Único da Construción. Co estoupido da guerra civil, alistouse na Columna Confederal, comandado por Cipriano Mera. Xunto a outros 21 compañeiros, dez deles galegos, conformou a Grupo 33 da Columna. Comandados polo Tenente Coronel Francisco del Rosal, marcharon cara aos penedos de Somosierra logo de permanecer unhas semanas en Madrid. Despois dirixíronse cara á serra de Gredos. Posteriormente o Grupo 33 integrouse no batallón Ferrer. O 30 de setembro víronse obrigados a retirarse da vila de Casavieja ante o avance das tropas rifeñas que loitaban polo bando nacional.

O seu batallón regresou a Madrid o 10 de outubro, e a columna Del Rosal foi reconvertida na 39 Brigada Mixta. Pasaron novembro e decembro na fronte de Aragón formando garda, regresando en decembro a Madrid. Alí coñece a morte do seu pai, paseado o 13 de agosto. O 29 de decembro regresaron á fronte, na liña de combate entre as vilas de Aravaca, Umera e Pozuelo de Alarcón. Días despois retroceden cara a El Pardo. Pérdese e intégrase no 5º Rexemento de Aceiro, comandado por Enrique Líster, e alí é ascendido a cabo.

En abril de 1937, durante unhas xornadas de descanso, Rogelio Arca toma unhas fotografías cunha Kodak de acordeón, nun ambiente distendido. O 21 de marzo de 1938 a súa brigada é retirada da primeira liña, logo de sufrir múltiples baixas. Logo dun mes de descanso, foi destinado á serra de Mogorrón (provincia de Guadalaxara) e despois á provincia de Teruel. Estivo relacionado co Batallón Galicia, que combatiu baixo o mando do compostelán José Penido Iglesias. No verán de 1938, nunhas xornadas de descanso no balneario de Camarena, aproveitou para facer unha colección de bolboretas e facer mel. Pero axiña se reincorporou no Batallón Divisionario de Ametralladoras, da 5ª División. Loitaron até o momento da súa rendición, o 29 de marzo de 1939, na serra de Camarena. Foi enviado ao campo de concentración de Teruel.

Regresou a Cerdedo-Cotobade cun salvoconduto, debendo presentarse todos os días ás 8 da mañá no cuartel da Garda Civil. Mes e medio despois foi obrigado a incorporarse aos batallóns disciplinarios, sendo carcereiro dos seus propios compañeiros no cárcere de Lugo. Alí recortaron a tea metálica que os separaba, e Arca remitía ás súas familias a súa correspondencia. Por mor dunha desas cartas, escrita en arxina (o "verbo dos canteiros") para evitar a censura, o mozo que a redactara, Antonio Mariño, recibiu unha malleira.

Obra

  • Álbum de guerra; canteiros da Terra de Montes no exército popular da República (xunto a Dionisio Pereira); Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2008. ISBN 978-84-935963-6-1

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
comments so far.
Comments
arrow-left arrow-right arrow-up arrow-down instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube stumbleupon comments comments pandora gplay iheart tunein pandora gplay iheart tunein itunes