peoplepill id: ramon-gonzalez-fernandez
RGF
Spain
1 views today
1 views this week
Ramón González Fernández

Ramón González Fernández

The basics

Quick Facts

A.K.A.
Ramón González
From
Gender
Male
Birth
Age
70 years
The details (from wikipedia)

Biography

Ramón González Fernández, nado en Ribadeo o 22 de abril de 1856 e finado no Porriño o 15 de decembro de 1925, foi un filántropo e empresario galego.

Traxectoria

Porta norte da praza de abastos de Ribadeo, doada por Ramón González.

Estudou Náutica e Comercio en Ribadeo. En 1871 emigrou á Arxentina. Instalouse en Rosario traballando primeiro como empregado na casa comercial Correa, Gana e Compañía, despois como socio na empresa Mendeto e Compañía, e máis tarde sucesor na Ramón González e Cía, retirándose en 1896 logo de amasar unha fortuna. Retornou a Ribadeo en 1899. Promoveu a apertura de sucursais do Banco Español del Río de la Plata en Vigo e Santiago de Compostela.

Dende a súa chegada dedicouse a facer numerosas doazóns ós concellos de Mos, O Porriño e Ribadeo. En Ribadeo foi membro da Sociedade Obreira de Socorros Mutuos A Concordia, da que foi presidente en 1910. Membro do Ateneo Biblioteca Popular, contribuíu ao seu desenvolvemento subvencionando clases de distintas materias e instrumentos musicais. Adxudicou bolsas a alumnos da vila para realizar os seus estudos. Subvencionou tamén a construción do Teatro, da Praza de Abastos e doou diñeiro para as Festas Patronais de 1925. Tamén contribuiu á construción da casa do concello do Porriño deseñada polo arquitecto Antonio Palacios e o templo parroquial.

Foi deputado provincial de Pontevedra en 1925.

Recoñecementos

Foi nomeado Fillo Predilecto de Ribadeo en 1922. Foi condecorado coa Gran Cruz da Orde de beneficencia e coa Real Orde de Sabela a Católica.

Vida persoal

Casou no Porriño con Corona González Santos en 1900.

Notas

Véxase tamén

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Ramón González Fernández is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Ramón González Fernández
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes