Quantcast
peoplepill id: ramon-ferreiro-lago
RFL
1 views today
1 views this week
Ramón Ferreiro Lago

Ramón Ferreiro Lago Notario e escritor galego

Notario e escritor galego
The basics
Quick Facts
Intro Notario e escritor galego
A.K.A. Ramón Ferreira Lago
Was Notary Writer Journalist
From Spain
Type Journalism Law Literature
Gender male
Birth 20 January 1872, Mondoñedo
Death 1962, O Carballiño (aged 90 years)
The details
Biography

Ramón Ferreiro Lago, nado en Mondoñedo o 20 de xaneiro de 1872 e finado no Carballiño o 25 de xullo de 1962, foi un avogado, escritor e xornalista galego.

Traxectoria

Fillo de Jesús Ferreiro Hermida e Pascuala de Lago Baamonde Montenegro Pérez Villarmea. Estudou dereito. Fundou en Valladolid a Revista Notarial de Castilla la Vieja (1898). Ingresou por oposición no notariado en 1907. Foi notario en Ledesma (1912), Belchite (1915), Cerdedo (1916), Rábade (1918) e Vilalba (1924), onde fundou a Unión Ciudadana Anticaciquil da que foi secretario. En 1925 pasou a ser notario de Lodosa (Navarra) e ao ano seguinte do Carballiño. No Carballiño dirixiu os periódicos Hermandad (1928), Vanguardia Republicana (1931) e La Tribuna Forense Gallega. Colaborou en Faro Villalbés. Foi membro do Partido Republicano Gallego e despois integrouse en Izquierda Republicana da que foi elixido presidente no Carballiño. En novembro de 1934 pasou a desempeñar a notaría de Carballo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xulgado na Coruña por rebelión e o seu proceso foi sobresido. Foi novamente xulgado na Coruña en 1939 por inxurias ao xefe do Estado, acusado de insultar a Franco durante unha representación teatral, e novamente sobresido. No franquismo foi notario na Estrada (1940) e Sueca, onde se xubilou en 1947.

Obras

  • Código civil. Cuestiones selectas, 1897.
  • Condición juridica de la mujer. Estudio filosófico, historico y del código civil, 1902.
  • El gobierno de Sancho. Estudio filosófico-crítico (con José María de Mariscal y Luis), 1905.
  • Los nuevos horizontes del Derecho civil y el provenir de la institución notarial, 1917.

Recoñecementos

Era cabaleiro da Orde de Afonso XII e comendador da Orde de Sabela a Católica.

Vida persoal

Casou con Concepción Rodríguez Meyre en 1906. Foi tío de Fernando e Ramón Ferreiro Rodríguez.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Artigo "FERREIRO LAGO, Ramón" da Gran Enciclopedia Galega.
  •  

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
comments so far.
Comments
arrow-left arrow-right arrow-up arrow-down instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube stumbleupon comments comments pandora gplay iheart tunein pandora gplay iheart tunein itunes