Quantcast
peoplepill id: pedro-murias
PM
1 views today
1 views this week
Pedro Murias

Pedro Murias

The basics
Quick Facts
From Spain
Gender male
Birth 1840
Death 1906 (aged 66 years)
The details
Biography

Pedro Murias Rodríguez, nado na Devesa (Ribadeo) en 1840 e finado na Habana en 1906, foi un indiano e filántropo de orixe galega.

Traxectoria

Despois de nacer e comezar a medrar en San Xián dos Carballos (A Devesa), emigra a Cuba (1865) sendo aínda un rapaz atopando un emprego nunha fábrica de tabacos. En Cuba dedicarase a distintos negocios (fábrica de cervexa, frota de transporte e participación noutras actividades industriais), mais principalmente estará relacionado coa industria do tabaco.

No 1870 unha doenza obrígao a volver a Galicia. Recuperado e volto a Cuba, funda a súa primeira fábrica, 'La Meridiana'. Creou varias marcas de cigarros (Balmoral, La Devesa, Flor de los campos de Cuba, El indolico, La Meridiana, Pedro Murias, La Reserva, La Viajera) e aparece entre as marcas máis vendidas de puros habanos en listados de 1904. A súa finca de Vuelta Abajo, en Pinar del Río, tiña 47 000 hectáreas, o que da idea da importancia que acadou o seu negocio. Tras a súa morte, as súas fábricas sufriron diferente sorte. 'La Meridiana', a que fora súa primeira fábrica, fundada na Habana, patroneada xa polos irmáns Díaz, cambiou o seu nome a 'Real fábrica de tabacos El Fin del Mundo'.

No ano 1892 a súa fortuna e influencia fixeron posible que tivera a concesión para construír peirao e depósitos en Dimas, que en 1896, xa como concello, e en agradecemento á súa xenerosidade, pasaría a chamarse 'San Pedro Murias' (con posterioridade, volveu a chamarse 'Dimas').

Contribuíu á sociedade Naturais de Galicia, fundada na Habana como sostén da emigración. No seu testamento destinou a maioría das súas riquezas á creación da Granxa Escola Pedro Murias, na súa parroquia natal.

Pedro Murias recibiu unha distinción co motivo do seu 'concurso decisivo á fundación de Dimas ou San Pedro de Murias: 'En gracia ós servicios que tiña prestado á clase indixente do pobo en formación', por Real Orden de 4 de novembro de 1897 ingresou na Orde Civil de Beneficencia, honor acreditado por diploma expedido en 19 de xaneiro de 1898 firmado por Segismundo Moret.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  •  
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
comments so far.
Comments
arrow-left arrow-right arrow-up arrow-down instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube stumbleupon comments comments pandora gplay iheart tunein pandora gplay iheart tunein itunes