peoplepill id: paulino-martinez-pereiro
PMP
Spain
1 views today
1 views this week
The basics

Quick Facts

A.K.A.
Paulino Martínez Pereiro
From
Gender
Male
Place of birth
A Coruña, A Coruña Province, Galicia, Spain
Age
66 years
The details (from wikipedia)

Biography

Paulino Martínez Pereiro, nado na Coruña o 2 de novembro de 1957, é un escritor e músico galego.

Traxectoria

Titulado en Frauta Traveseira polo Conservatorio de Santiago de Compostela, é compositor de música de cámara e sinfónica, teatral e cinematográfica e membro fundador da Asociación Galega de Compositores. Compuxo a banda sonora do filme Novo de Parmiude (1987) de Roberto Vidal Bolaño. Exerce a docencia nun Instituto de Ferrol, residindo entre esta cidade e Vilalba.

Obras

Ensaio

  • Iniciación á linguaxe musical, 1995, Laiovento.
  • Poética da música teatral, 2001, Xunta de Galicia.
  • A música teatral, 2003, Universidade da Coruña.

Narrativa

  • Desde unha mesa de café, 1998, Laiovento (traducido ao castelán no 2004 polo propio autor na mesma editora).
  • Calidoscopio, 1999, Baía Edicións.
  • Sinfonía cíclica, 2004, Sotelo Blanco.
  • Arredor de Chinto, 2005, Baía Edicións.
  • Habitar as illas, 2005, Laiovento.

Poesía

  • Morte do mar, 2007, Baía Edicións.
  • Poemas de ruxido e barruzo, 2016, Alvarellos.

Teatro

  • O leitor de Goethe, 1995, Elsinor Teatro.

Traducións

  • Branca, no desxeo das tebras, de Daniel Thibaut, 2002, Espiral Maior.

Música

  • Caderno de melodías populares, (1978-1993) [Música impresa]: piano, 1997, Xunta de Galicia.
  • Variacións Beiras, 1999, Viso.
  • Cancións de aquí e acolá, 2001, Baía Edicións.
  • Melodías paisanas para dúo de frautas de bico en dó, 2001, Baía Edicións.

Obras colectivas

  • Entre dous, 1996, con Victoria Salgado, Baía Edicións.
  • Cyrano de Bergerac, de Edmond Rostand, 1999, cotraducido con Francisco Pillado Maior, Baía Edicións.
  • Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Premios

  • Premio do Certame de creación literaria Carvalho Calero no 2004, por Habitar as illas.
  • Finalista do Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 2004, por Sinfonía cíclica.
  • Segundo premio do XLI Certame Literario Concello de Vilalba en 2015, por Poemas de ruxido e barruzo.

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Paulino Martínez Pereiro is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Paulino Martínez Pereiro
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes