peoplepill id: orest-ivaniuk
OI
Ukraine
1 views today
1 views this week
Orest Ivaniuk
Ukrainian priest

Orest Ivaniuk

The basics

Quick Facts

Intro
Ukrainian priest
Work field
Gender
Male
Birth
Place of birth
Chernivtsi Oblast, Ukraine
Age
81 years
The details (from wikipedia)

Biography

Orest Ivaniuk (en ucraíno: Орест Іванюк), nado como Onufrii Ivaniuk (en ucraíno: Онуфрій Іванюк) o 12 de xuño de 1900 en Bahna (Bucovina, hoxe Ucraína) e finado o 14 de abril de 1981 en Nova York, foi un bispo da Igrexa ortodoxa autocéfala ucraína na diáspora.

Traxectoria

Naceu o 12 de xuñp de 1900 nunha familia de labregos de Bahna, en Bucovina. Recibiu a súa educación inicial en Vyzhnytsia, e posteriormente rematou a súa educación secundaria en Chernivtsi en 1920. Entre 1920 e 1926 estudou Teoloxía e Filosofía na Universidade de Chernivtsi, e posteriormente casou con Nataliia Dariichuk, filla dun sacerdote. O 26 de decembro de 1926 foi ordenado sacerdote para a Igrexa ortodoxa romanesa na catedral da Santa Trindade de Chernivtsi polo bispo de Rădăuți Ipolit Vorobchievici, e exerceu o seu ministerio en varias parroquias de Bucovina, participando activamente na vida social e cultural. Pola súa dilixencia e traballo pastoral recibiu en decembro de 1928 dúas cartas do metropolita Nectarie Cotlarciuc.

Cando en 1940 os soviéticos ocuparon a Bucovina setentrional, Ivaniuk trasladouse á rexión de Chełm, exercendo o seu ministerio en varias parroquias ortodoxas ucraínas baixo a xurisdición de Ilarion Ohiienko, da Igrexa ortodoxa polaca. En 1943 trasladouse a Alemaña, exercendo o seu ministerio nos campos de refuxiados, e en 1948 trasladouse ao Canadá, uníndose á Igrexa ortodoxa ucraína do Canadá; a súa muller non emigrou con el, e finou en Romanía en 1950. Ivaniuk viviu en Otava, servindo nas parroquias do Canadá oriental. No Canadá continuou a súa educación cunha mestría en Historia.

En 1952 trasladouse aos Estados Unidos de América, encargándose das parroquias ucraínas na xurisdición do metropolita Ioann Teodorovych. En 1965 entrou na vida monástica, tomando o nome de Orest, e recibindo o titulo de arquimandrita. O 13 de setembro de 1969 por decisión do Consello extraordinario da igrexa ortodoxa ucraína na diáspora foi elixido bispo para servir en Austria, Bélxica, Alemaña occidental e Francia. O 28 de setembro foi consagrado bispo, co título de Lviv-Chernivtsi, polo metropolita Mstislav Skrypnyk e polo arcebispo Donat Burtan, quen dirixía as parroquias ucraínas de Australia.

O 30 de setembro trasladouse a Alemaña, estabelecéndose inicialmente en Karlsruhe, e posteriormente en Múnic. O 7 de marzo de 1973 foi nomeado bispo da eparquía de Europa occidental. O 1 de xaneiro de 1975 foi elevado ao rango de arcebispo. Permaneceu no cargo até o seu pasamento o 14 de abril de 1981 en Nova York, onde se trasladara para descansar e recibir tratamento.

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 30 Mar 2020. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Orest Ivaniuk is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Orest Ivaniuk
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes