peoplepill id: nadia-sokolova
NS
Spain
2 views today
2 views this week
Nadia Sokolova
Escritora e pintora catalá

Nadia Sokolova

The basics

Quick Facts

Intro
Escritora e pintora catalá
From
Work field
Gender
Female
Place of birth
São Paulo, Brazil
Death
1968 (aged 50 years)
Age
50 years
Family
The details (from wikipedia)

Biography

Nadia Sokolova, nada en São Paulo o 1 de setembro de 1917 e finada en 1968, foi unha poeta catalá.

Traxectoria

Foi filla da bailarina de orixe inglés Lydia Sokolova e do bailarín Nicolas Kemnev. Naceu durante un xira polo Brasil. Foi bautizada nunha igrexa rusa en Buenos Aires co nome de Natalia Nicolaevna Kremnev. En Barcelona a nena quedou a cargo dunha criada chamada Felisa, que a aleitou mentres a nai seguía traballando.

Formou parte do Grupo Logicofobista, que organizou en 1936 unha exposición artística. Pertenceu tamén ao grupo de Amics de l'Art Nou. Un dos seus poemas en lingua francesa apareceu no nº 6 da revista Quaderns de Poesia en xaneiro de 1936, traducido ao catalán por Sebastià Sánchez-Juan para a escolma Miralls. Versions de lírica europea (Josep Porter i Rovira, 1955). O poema foi incluído tamén na escolma Antología poética del barrio chino, editada por Abel Iniesta en 1949.

Antes do inicio da guerra civil española emigrou aos Estados Unidos de América, primeiro a Nova York e despois á Universidade Harvard. En febreiro de 1939 a editorial francesa La Hune anunciou a edición dun libro de poemas de Nadia Sokolova, Collier de Vertiges, cun prefacio de Jean Cassou.

Varias universidades estadounidenses conservan fragmentos de poemas seus, que permitiron descubrir 25 poemas inéditos e unha composición musicada por Béla Rózsa co título de “Three Songs”. Tamén se atoparon inéditos seus nos arquivos de Béla Rozsa na Universidade de Tulsa. Na Universidade de Harvard consérvanse cartas orixinais, e no Smith College de Northampton (Massachusetts) consérvanse traducións ao inglés dos seus poemas feitos por Louise Varèse, muller do músico Edgar Varèse. A maioría dos seus poemas inéditos están escritos en francés, agás algún en lingua inglesa..

Tivo unha irmá pintora, chamada Vàlia.

Notas

  1. "Nadia Sokolova, logicofobista i poetessa", artigo de Josep Miquel García en Segre, 9 de xullo de 2017 (en catalán).
  2. Sokolova, L. (1961): Dancing For Diaghilev: The Memoirs of Lydia Sokolova. Macmillan.
  3. La Publicitat, 17 de maio de 1936. Artigo de A. de Montabert.
  4. "El Museu Abelló recupera l’obra de la poetessa logicofobista Nadia Sokolova", artigo na web da Diputació de Barcelona, 4 de agosto de 2017 (en catalán).
The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 24 Dec 2019. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Nadia Sokolova is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Reference sources
References
Nadia Sokolova
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes